«Brincar neste baile de máscaras… Cómo sobrevive»

Este ano, 2015, fará 10 anos que abrín un blog. En setembro.

Hai que celebralo?

Non, para nada, pero eu vou celebralo. Toda celebración ten un punto moñas de nostalxia ou coitelada de álbum de fotos vellas. Empezarei por aí.

Por exemplo: en 2010 abrín unha desas contas formulario, chamada formspring [equivalente ao ask.fm de hoxe] nas que propios, anónimas e estraños podian deitar preguntas que logo eu contestaba ou non, así me petase o vento. Contestei case todas, mesmo as máis ofensivas ou as máis chorras. Tamén os afagos, os lercheos e, por suposto, as reflexións matizadas sobre certos temas. Tamén as preguntas curiosas, inxenuas, as confidentes, as que igual ninguén faría sobre literatura sen o abeiro do anonimato. Xenial para unhas cousas, nefasto para outras. O anonimato na rede: tema de tese, sen dúbida.

Foron case 400 preguntas. Para facilitar o seu manexo partinas en 3 períodos temporais: as de 2010, as de 2011 e as de 2012.

Aquí podes fisgar as de 2010https://estibalizes.files.wordpress.com/2010/11/nun-sentido-literal-1c2aaparte1.pdf dentro desta páxina con recensións e outras cuestións de prensa formal https://estibalizespinosa.com/prosa/test-voight-kampff/

Corra o viño!

tumblr_nqbtn1h02T1qz6f9yo1_500

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: