lasca

toda a noite fun lasca de pedra

noite dos tempos
lasca
de pedra

olvidada en Olduvai
calcolítica sen importancia

alguén traballoume
horas
e horas
sentado sobre os talóns
sentado sobre os taxóns
sacoume de min

-quizais non fose sentado
quizais fose sentada-

bifaz
humus desta terra seca
son arista
son arisca
son tan nómade
como a man que aló me leva
e non lle pertenzo

non
non lle pertenzo

alguén arrebólame lonxe e por un intre
resplandezo de cracs
resoo ao sol

Estíbaliz…Espinosa, maio 2012

524045034_orig
tumblr_magqbvuUYl1rz8afwo1_500

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: