dez anos en órbita

Este ano 2015 esta web cumpríu 10 anos.

Grazas a todos e a todas as que lestes, curioseastes, comentastes, doastes,  trolleastes e mmmm por ela ao longo desta década. Case 130.000 visitas e máis de 10.000 lectoras e lectores [iso di wordpress, igual unha plataforma optimista]. Grazas a todxs xs que confiades tamén na pantalla como complemento ao papel, sen desprezar nin a un nin a outra. Grazas a todas as que considerades a curiosidade literaria unha irmá siamesa da curiosidade científica. A literatura ábrese paso como pode, onde pode. Asómase aos abismos. A literatura é arriscar, abismarse, non dar puntada nin sintaxe sen fío, pero ás veces tamén é perder pé e caer de cranio, de fociños ou de cu.

Non vexo mellor maneira de celebralo que saíndonos de órbita co álbum ilustrado que a laboriosa colmea da Editorial Apiario publicou en papel – e que papel!- hai uns días: Caer de cu polo universo, cos fabulosos debuxos de Lucía Cobo, e até postais, selos e pegatinas para darlle ao collage cósmico.

2015-12-14 17.10.35_Sophia.jpg

 

20151214_171912_Borg.jpg

20151214_170705_Anne_Hassel.jpg

Así mesmo, proximamente publicarei a versión definitiva de curiosidade, ese libro algo híbrido que se me fai de rogar. Tamén publicarei o vello -orama, do 2001, en pdf, para descarga libre.

Eureka.

12373240_1710375742526840_7412225435645606928_n.jpg

 

 

2 pensamentos sobre “dez anos en órbita

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: