mulleres e ciencia en 13 relatos

Foi un dos grandes praceres do meu 2015: elaborar os guions de 13 micro-episodios sobre investigadoras no eido da biomedicina que logo narraría en Radio Voz acompañada do meu fillo, nos meses de marzo e abril. Un privilexio dentro do proxecto Biomedicina con y para la sociedad, da investigadora e divulgadora de arte e ciencia Joana Magalhães, levado a cabo polo CIBER dentro da programación anual de financiamento da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología- FECYT, Ministerio de Economía y Competitividad.

Eses 13 episodios [en castelán] titulados Cápsulas de Son, poden escoitarse nesta páxina.

Artellaríanse logo nun «libro de contos de fadas radioactivas» ilustrado pola debuxante Irene Sanjuán e descargable aquí e agora de balde e dende a páxina de iTunes na Applestore para dispositivos con iOS, Macs, iPads e toda a troupe de Apple.

Dende a mítica Marie Sklodowska-Curie até investigadoras novas como Linda Buck ou Maria Manuel Mota pasando por pensadoras brillantes co estilo de Rita Levi-Montalcini ou científicas españolas de fuste como Margarita Salas, que precisamente protagoniza  a cuberta deliciosa de Irene Sanjuán.

capsulas de son.jpg

Abride as cápsulas, por favor.

E logo, a não perder as outras pólas do proxecto: as entrevistas a investigadoras galegas e españolas e os espléndidos episodios de 1 minuto de biomedicina, tamén descargables na Applestore. Divulgación, ciencia e cromosomas XX.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: