Recital de poemas e música de «…as neuronas irmás…», XV premio de poesía Afundación-Pen Galicia, acompañada ao piano por Isabel G. Alonso, que interpreta a Satie, Einaudi, Debussy, David Bowie, Antony and the Johnsons e Bach. Entrega de premios celebrada o 9 de maio de 2018 na Sede de Afundación da Coruña.
Arquivo de categoría:ciencia
Que cousa abraiante é un libro, Carl Sagan
Sigo coa teima de traducir [que teima tes, neniña] e coa teima dos vasos comunicantes entre ciencia e literatura. E sigo, claro, traducindo a Sagan. Feliz Día do Libro. Este fragmento pertence á serie [e ao libro] Cosmos. «Que cousa abraiante é un libro. Un obxecto plano feito a partir dunha árbore con partes flexiblesSeguir lendo “Que cousa abraiante é un libro, Carl Sagan”
Unha poeta na corte da astronomía: Naukas Coruña 2017
Este foi o espectacular programa da edición de Naukas na Coruña en febreiro de 2017, celebrado no Teatro Rosalía de Castro baixo o título «La vida, el universo y todo lo demás» que, como dicía Troy McLure, lembraredes xa de… Todas as unidades baseadas no carbono que figuran aí dedícanse en maior ou menor medida áSeguir lendo “Unha poeta na corte da astronomía: Naukas Coruña 2017”
escritora ti? non
E ti pregúntasme que significa ser escritora? Está claro que ti, querida Eduarda, non o es. Levas escribindo dende os 6 anos pero a ver se vas crer que iso significa ser escritora. Publicaches máis de media ducia de libros. Pero iso non significa ser escritora. Nin ter participado en máis de 60 libros colectivos.Seguir lendo “escritora ti? non”
Made on Earth by humans
Esta é a imaxe REAL [non as míticas recreacións artísticas ás que estamos acostumad*s en astronomía] sen dúbida extraordinaria de SpaceX: o manequín Starman [si, polo mítico tema de Bowie] a bordo dun Tesla descapotable vermello na cápsula enviada polo vehículo de lanzamento espacial Falcon Heavy o pasado 6 de febreiro dende EEUU. A cápsulaSeguir lendo “Made on Earth by humans”
Día da Muller e a Nena na Ciencia
A profesora de tecnoloxía do IES Menéndez Pidal da Coruña, Paz Freire Campo, convidoume polo Día da Muller e a Nena na Ciencia, que se celebra hoxe 11 de febreiro, dende o ano 2015. Cando amosei unha imaxe da Vía Láctea, só 5 adolescentes dun total duns 60 viran algunha vez a nosa galaxia. IgualSeguir lendo “Día da Muller e a Nena na Ciencia”
Curiosidade. Poemas
Tras varios anos sen publicar un libro de poesía individual en galego, acaba de saír na flamante Aira Editorial «Curiosidade», unha reivindicación do osíxeno da ciencia e da poesía como parte da nosa maneira de estar no mundo, dar coa lingua e coa palabra, abrazar o estraño, curiosear no que somos nós e no que NONSeguir lendo “Curiosidade. Poemas”
Notas á Sinfónica: cartas inventadas e Fibonacci. Haydn, Chaikovski, Bartók
Tiña que escribir sobre a Sorpresa de Haydn, a súa sinfonía 94 no ciclo de Londres, e había tempo que eu tamén pensaba nunha sorpresa. Quen escribimos Notas ao Programa adoitamos falar de homes o 99% das veces. Lóxico, apenas se programan mulleres compositoras -malia existiren-. No entanto, cando me documento sobre as vidas desesSeguir lendo “Notas á Sinfónica: cartas inventadas e Fibonacci. Haydn, Chaikovski, Bartók”
Loving stars
A estrea inminente da película Loving Vincent e este gif cautivador fixéronme lembrar un estupendo artigo do astrónomo John C. Barentine que traducira a galego hai un ano para a Agrupación Astronómica Ío. No texto, un dos ceos nocturnos de van Gogh, entre outras pezas de arte occidental, serve para dar conta de algo queSeguir lendo “Loving stars”
¿Cuánto hace que no ves la Vía Láctea?
Este verán tiven o privilexio de estrearme na web de Principia cun artigo sobre claroscuros en astronomía e poesía e sobre o grave problema in crescendo da contaminación lumínica. Acompañáronme nesa incursión o ilustrador Álex Falcón, e os fotógrafos Oriol Jolonch, Sandra G. Rey e Óscar Blanco, así como o astrónomo e ilustrador Tyler Nordgren. QueSeguir lendo “¿Cuánto hace que no ves la Vía Láctea?”