unha cousa mundial, premenstrual e peluda

8 de marzo. Un día como outro calquera, pero este con nome, para reivindicar o que xa non ten nome.

E aínda que unha das regras do club das mulleres é que non fai falla ter a regra para ser muller [nin a regra, nin fillos, nin parella masculina, nin a sentimentalidade, nin o pelo desta ou doutra maneira, nin…], deixo unha pequena homenaxe ao sangue que vemos tan a miúdo, que significou tantísimas cousas, disparatadas ou simbólicas, ao longo dos séculos. A muller apestada, a muller impura. A muller que contamina. A forma de pera dos nosos ventres.

Un poema que apareceu recollido en galego e castelán na antoloxía Sangrantes, de Luna Miguel, Ed. Origami, 2013, canda moitos outros de moitas outras.

 

/período. inesperada forma de pera/

Podo aínda falar da épica de min cunha pinga de sangue a fumegar no chan do baño? Podemos?

Que saibades logo
que no século XVIII saímos cortar maionesas por aí.
Lembro un xoves do ano 15: mergullamos na auga chea de limóns
espremémolos nos peitos
e logo os chuchamos sen un mal xesto.
E aínda lembro coma se fose onte aquela tarde do futuro, a nos lavar o pelo con furia de medusa, a gargallada limpa o noso alento encol dos toxos

Que delicioso o bicho que rabuñou a nosa cona bebido nun vaso gutural de leite
pintadas de vermello,  nalgún dos hemisferios.
A Eva mitocondrial a agarrarse unha chea comigo
e douscentos mil anos de nada correndo como loucas

E iso que imos xa tan lonxe das nenas. Eu tanto como vós. Eu que fun unha. Tan calquera como a que máis.
Só unha de cada dez neuronas da miña nena lidou coa adolescente e a moza que logo fun. Decatádesvos? Parézome a ela de casualidade

Dese colar de contas que nunca parecen saldarse,
das cápsulas estreladas en auga de váter e follas de vide,
da miña caverna chea de uvas tintas de Maruja Mallo
ese lento e importuno goteo
o goteo que ninguén quere
ese do que nos desfaremos con dificultade cando chegue a hora.
Goteo de clase A, de serie B, de punto O. Goteo AB en trazos de sumi-e.
Goteo ululante
até a cima loba do acio.
Cumulus a punto na corona radiata, citoplasmas escarvados
a petróglifo limpo: todos desfaranse como bágoas
na ducha.
A nosa vendima privada de civilizacións perdidas
de nenas sabias que nos chiscarían cos teus ollos de vaca vianesa
se nos fertilizaras por entón, ho,
e van e acaban en apoptose ou abrazadas a un tampax
dun bar de gasolineira

Somos un noxo. Cheiramos mal. E baleirámonos feitas un universo inflacionario
petiscado por galiñas que están fatal da cabeza.
E sáesenos o desexo en forma de grans ermitáns.
E agora ía desovar un verso
pero non escribo máis nada
porque non me peta nin me dá a gana e debo deprimirme
por imperativo categórico e chorar contra almofadóns de pluma de oca

Pero que pasa se deprimirnos tampouco nos dá a gana.
Que pasa se me suicido calquera outro día e non hoxe
non hoxe, con ese gameto -que levaba o meu nariz, o noso vulto lóbulo frontal- esmagado contra as lousas

Épica da regra:
un millón de ovos ao nacermos
seica un estrago de vida
Cánto “non vaia ser o demo” embutido no noso abdome
uva a uva
tabú a tabú
tabula rasa en corpos que non esquecen

E agora que ía escribir un verso máis, o mellor sen dúbida,
vou e calo, de impureza chea
porque non me dá a gana “nestes días do mes”
nos que non teño a regra e escribo isto
devecendo por que nos baixe dunha vez e a todas á vez
-sincronizadas e uliscadas, feromonas vestidas de seda
unha cousa mundial, premenstrual e peluda-.
E fun mala. E desobediente. E moitos bicos.

 

Estíbaliz…Espinosa, 2012

Máis poemas soltos aquí: literatura: esmelga de textos propios

Máis libros descargables en PDF (de poemas e de relato curto), aquí:  libros

MARUJA MALLO, Acio de uvas

/período. inesperada forma de pera/

¿Puedo aún hablar de la épica de mí con una gota de sangre humeando en el suelo del baño? ¿Podemos?

Que sepáis entonces
que en el siglo XVIII salimos a cortar mayonesas por ahí.
Recuerdo un jueves del año 15: nos zambullimos en el agua llena de limones
los exprimimos en nuestros pechos
y luego los comimos sin un mal gesto.
Y aún recuerdo como si fuese ayer aquella tarde del futuro, lavándonos el pelo con furia de medusa, a carcajada limpia nuestro aliento sobre los tojos

Qué delicioso el bicho que nos arañó el coño bebido en un vaso gutural de leche
pintadas de rojo, en alguno de los hemisferios.
La Eva mitocondrial pillándose un ciego conmigo.
Y doscientos mil años de nada corriendo como locas

Y eso que estamos tan lejos de las niñas. Yo tanto como vosotros. Yo que fui una. Tan cualquiera como la que más.
Sólo una de cada diez neuronas de mi niña ha lidiado con la adolescente y la joven que fui luego. Os dais cuenta? Me parezco a ella de casualidad

De ese collar de cuentas que nunca parecen saldarse,
de las cápsulas estrelladas en tazas de váter y hojas de plátano,
de mi caverna rellena de uvas tintas de Maruja Mallo
ese lento e importuno goteo
el goteo que nadie quiere
ese del que nos desharemos con dificultad cuando llegue la hora.
Goteo de clase A, de serie B, de punto O. Goteo AB en trazos de sumi-e.
Goteo ululante
hasta la cima loba del racimo.
Cumulus a punto en la corona radiata, citoplasmas escarbados
a petroglifo limpio: todos se desharán como lágrimas
en la ducha.
Nuestra vendimia privada de civilizaciones perdidas
de niñas sabias que nos guiñarían con tus ojos de vaca vianesa
si nos hubieses fertilizado entonces
y acaban en apoptosis o abrazadas a un tampax
de un bar de gasolinera

Somos un asco. Olemos mal. Y nos ahuecamos hechas un universo inflacionario
picoteado por gallinas que están fatal de la cabeza.
Y se nos sale el deseo en forma de granos ermitaños.
Y ahora iba a desovar un verso
pero no escribo nada más
porque no me da la gana y debo deprimirme
por imperativo categórico y llorar contra almohadones de pluma de oca

Pero qué pasa si deprimirnos tampoco nos da la gana.
Qué pasa si me suicido cualquier otro día y no hoy
no hoy, con ese gameto -que llevaba mi nariz, nuestro abultado lóbulo frontal- aplastado contra la baldosa.

Épica de la regla:
un millón de huevos al nacer
y un despilfarro de vida
Cuánto “por si acaso” embutido en nuestro abdomen
uva a uva
tabú a tabú
tabula rasa en cuerpos que no olvidan

Y ahora que iba a escribir un verso más, el mejor sin duda,
voy y me callo, de impureza llena
porque no me da la gana “en estos días del mes”
en los que no tengo la regla y escribo esto
deseando que nos baje de una vez y a todas a la vez
-sincronizadas y olisqueadas, feromonas vestidas de seda
una cosa mundial, premenstrual y peluda-.
Y he sido mala. Y desobediente. Y muchos besos

Estíbaliz Espinosa, 2012

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s