Unha poeta na corte da astronomía: Naukas Coruña 2017

NaukasCoruna2017C5a9BmjWQAAUwEW.jpg

Este foi o espectacular programa da edición de Naukas na Coruña en febreiro de 2017, celebrado no Teatro Rosalía de Castro baixo o título «La vida, el universo y todo lo demás» que, como dicía Troy McLure, lembraredes xa de…

Todas as unidades baseadas no carbono que figuran aí dedícanse en maior ou menor medida á investigación en ciencia ou astronomía… todas menos unha. Eu.

Unha escritora afeccionada á astronomía e coido que a única dos convidados con 42 anos. 42 que é, por certo, a resposta ao sentido da vida, o universo e todo o demais.

Un privilexio formar parte dese elenco e tocar un pouquiño as estrelas, a súa escuridade, a súa vida… e tout le reste [sa littérature].  Coñecede un pouco de que se falou:

C5gtvlBWgAAKH58 (1).jpg

Moi acertadamente, o programa abriu co Big Bang explicado por Mariano Santander e pechou cunha cantidade inxente de idades escurísimas e a cada cal máis apocalíptica que virán despois de nós, contadas, en macrocósmica simetría, polo seu fillo Miguel Santander.

No medio destes dous fitos eónicos, floreceu a vida na Terra e fóra dela da man do sempre brillante Carlos Briones; montamos a lombos de exoplanetas estraños recén saídos do forno dos nosos telescopios e demais detectores berrando Eureka! con Daniel Marín; cantamos as ondiñas gravitatorias que veñen e van a ritmo de astrocopla, coñecemos ese lirilampo de luz visible en medio de radiacións perigosísimas entre Rocío Zelmanovitch Jurado e Lola astrónomo indignado Flores; vimos cómo nos contan a astronomía [en titulares, noticias…] e cómo inflúe na nosa percepción da ciencia levados pola retranca de Marcos Pérez Maldonado; coñecimos aos protagonistas cuánticos, diminutos, con sabor, encantados, da man de Elena González Ferreiro; vimos a relación íntima da cultura co patrón evolutivo [a súa influencia nos xenes, adaptándose segundo as prácticas sociais e culturais] da man e a sabedoría de Juan Ignacio Pérez

…todo artellado polo aerotrastornado confeso, microsiervo clásico e friki de argallar, fedellar e programar, Javier Pedreira, @wicho. Presentado pola lingua sen pelos de Víctor Grande. E contado polo ollo clínico terrestre, ás veces sospeitosamente extraterrestre, de Xurxo Mariño @xurxomar e a súa máquina de fotografar.

C5iFPztWYAEjWNm.jpg
Relatores de Naukas Coruña 2017: de esquerda a dereita arriba: Víctor Grande, Estíbaliz Espinosa [con U. bebé nos brazos], Javier Pedreira [Wicho], Manolo González, Ángel Loureiro [director dos Museos Científicos da Coruña], Juan Ignacio Pérez, Marcos Pérez Maldonado. Abaixo: Mariano Santander, Natalia Ruiz Zelmanovitch, Daniel Marín, Miguel Santander, Carlos Briones, Elena González Ferreiro. Foto de Xurxo Mariño
Anécdota: en bambalinas estaba eu co meu bebé de 5 meses, aínda lactante, e vin a unha muller guapísima subida a uns taconazos do 15, zapatos vermellos como os de Dorothy e como o espectro das ondas que se afastan de nós [ Redshift.].

Volvamos en zoom á muller guapísima: vestía de verde, sorría mentre me contaba o nerviosa que estaba -tocáballe na seguinte charla-; a min soábame moito. Tanto que estaba segura de coñecela. E saudeina con toda confianza. Ata que lle escoitei o acento andaluz.  Pero, de que raio coñezo eu a esta moza?

Caín na conta. Ela era a Henrietta Swan Leavitt, do diario secreto que viamos en Youtube Y. e mais eu…

Un pracer coñecelos a todos, aprender das súas charlas, o seu humor e o seu bo facer para que a divulgación da ciencia se convirta nun vector de enerxía no sector científico, o achegue ao público, sitúe á ciencia como unha prioridade cultural e política e repare o noso resentido tecido de investimentos e políticas de apoio a un sector que tamén, SI, SEN DÚBIDA, é cultura.

C5gucF5XEAEv9jV.jpg
Foto de Xurxo Mariño

C5g0DJCXMAEp45Y (1).jpg

C5g1CX1WcAI2zjo.jpg

C5gzkX5WAAAY65-.jpg

C5gw9kTWQAIHvGh.jpg

C5iJOEMXQAAsx4b.jpg

C5isQxPXQAA7my5.jpg
Cea post Naukas Coruña 2017
C5iCZUqWUAAsQRp.jpg
Naukas cadrou co Entroido 2017: o meu fillo Y. Anonymous hackeando cousas. Foto de Carlos Briones

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: