blue paxaro- tradución de Ch. Bukowski

enhanced-buzz-22019-1299691493-25

/Paxaro azul/

hai un paxaro azul no meu corazón que
quere saír
pero son ben duro con el,
dígolle, queda aí, non vou deixar
que ninguén te vexa.

hai un paxaro azul no meu corazón que
quere saír
pero bótolle whisky por riba e trago
o fume dos cigarros
e as putas e os camareiros
e os empregados da tenda
nunca saben
que el vai aí
aí dentro.

hai un paxaro azul no meu corazón que
quere saír
pero son ben duro con el,
dígolle, fica aí quieto, queres
meterme en leas?
ou cargarte a miña
obra?
queres afundir as vendas dos meus libros
en Europa?

hai un paxaro azul no meu corazón que
quere saír
pero eu sonvos ben listo, só o deixo
saír ás veces na noite
cando dorme todo o mundo
dígolle, xa sei que estás aí, ho
así que non te me poñas
triste.
Logo métoo outra vez
e el canta unha miga
aí dentro, non o deixo
morrer
de todo
e durmimos xuntos
así
co noso
pacto secreto
e é tan tenro como para
facer chorar a un home
pero eu non choro,
choras ti?

Charles Bukowski. Tradución de E…Río

/Bluebird/

There’s a bluebird in my heart that
wants to get out
but I’m too tough for him,
I say, stay in there, I’m not going
to let anybody see
you.

there’s a bluebird in my heart that
wants to get out
but I pur whiskey on him and inhale
cigarette smoke
and the whores and the bartenders
and the grocery clerks
never know that
he’s
in there.

there’s a bluebird in my heart that
wants to get out
but I’m too tough for him,
I say,
stay down, do you want to mess
me up?
you want to screw up the
works?
you want to blow my book sales in
Europe?

there’s a bluebird in my heart that
wants to get out
but I’m too clever, I only let him out
at night sometimes
when everybody’s asleep.
I say, I know that you’re there,
so don’t be
sad.
then I put him back,
but he’s singing a little
in there, I haven’t quite let him
die
and we sleep together like
that
with our
secret pact
and it’s nice enough to
make a man
weep, but I don’t
weep, do
you?

Charles Bukowski

O bluebird é unha variedade de zorzal, disque o wordreference. Bluebirds aparecen no  tema Over the rainbow, da banda sonora de O Mago de Oz, a revoaren felices cara ao fin da canción:

if happy little bluebirds fly beyond the rainbow

why, oh why can`t I?

e tamén é un bluebird o logo de Twitter.

Escoller o paxaro como sinónimo de certo mundo interior ou sensibilidade lírica non é algo novidoso. Que o faga o poeta duro, o poeta bronson,  o grande poeta anti-disney, non deixa de ter un punto Brancaneves-no-bosque [qué senón un bluebird pousaba no seu dedo] curioso para ásperas peles sen barbear.

Hai algo repugnante no Paxaro azul de Bukowski. Quere que saibamos por el que a súa sensibilidade foi brutalmente secuestrada en aras dunha imaxe literaria forxada e forzada. “Queres afundir as vendas dos meus libros en Europa?” Trátase dun dos poemas máis confesionais sobre a pose de ser poeta,  a impostura que se paga sempre. Por moito que nos defraude pensalo, Bukowski non era así: fíxose así. Protestou así. Domeñou as súas ganas de esdrúxulas e cultismos así. Había tanta silicona de artificio nel coma en Góngora y Argote.

É só que o gusto polos artificios muda cos tempos. E agora préstanos máis o artificio naturista, bestial. “Auténtico”. No Retrato de Dorian Gray dise que “Ser natural non é máis ca unha pose, e a máis irritante que coñezo”. Bukowski e Oscar Wilde poderían ter unha charla interesante ao respecto.

Hai algo repugnante no Paxaro azul de Bukowski. Repugnante como un cervo saíndo dunha placenta, como un corpo nu e fermoso, como unha raiola perdida nun ollo. Repugnante como un corazón humano atacado polas semprevivas. Algo repugnante que pugna por saír. Algo fascinante. Algo conmutador.

Atópanse cantidade de referenzas ao Paxaro azul de Bukowski na rede [aquí unha animación, por exemplo]. Tanto é así, que foi peneirando peneirando até se converter nun dos seus poemas máis sonados. O poeta anti-pluma, anti-rechouchío, anti-tenrura traizoouse a si mesmo nun texto que o fai rechouchiar eternamente entre plumas celestes. O señor Bukowski é máis azul que Rubén Darío e máis anduriña que Bécquer. Perdiches, Bukowski. Bebe. Bebe e arrota o teu fracaso e que o saibamos todos. A nós gústasnos así.

Ata cando seguiremos ollando iso da poesía co clixé de que implica tan só -tan só- sensibilidade?

4 pensamentos sobre “blue paxaro- tradución de Ch. Bukowski

  1. Valorar e desprezar son operacións sentimentais que pouco ou nada teñen que ver co intelecto.

  2. O valor é unha crenza.Por iso a economía pertence á mesma esfera do real que a relixión. Antes do Mercado había Deus. Logo, xa non fixo falta.

  3. Señor Borges, esa entelequia que chamamos intelecto ten bastante máis a ver co sentimento do que nos gusta pensar. Ou crer. Ou valorar.
    Grazas por levantarse da súa tumba para vir comentar aquí.

  4. Estou de acordo. Indo máis lonxe aínda, o mercado é especulación. É dicir, xogo de espellos. É dicir, reflexos. É dicir, nada.

    E a natureza dun pensamento?
    Nin sequera as ciencias duras son tan duras como crían.

    Grazas por se levantar do seu Hades e vir comentar aquí, monsieur Bourdieu.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: