Se algo che queima a alma cun propósito e devezo, é o teu deber deixar que te reduza a cinzas. Calquera outra forma de existencia será outro libro insulso máis na biblioteca da vida. Charles Bukowski Vida, literatura e lume. Xa. Máis traducións deste home aquí.
Arquivos de etiqueta:Bukowski
Vidal Bolaño: laboratorio teatral+recital+concerto
Arredor da figura de Roberto Vidal Bolaño artellouse un espectáculo que está tendo lugar estes días no Teatro Colón: As Marxes da Desgraza. Retallando e retellando fragmentos de obras como Anxeliños, Rastros ou Saxo tenor, 12 alumnos actores deste laboratorio acompañados pola actriz Lucía Regueiro andan entre a desherdanza, a borracheira e a lucidez. AlgúnsSeguir lendo “Vidal Bolaño: laboratorio teatral+recital+concerto”
imos fartos de ti, Bukowski
pero segues a ser mentado, invocado e lido cada dous por tres. Algo fixeches ben, logo. Pero ollo, cáeche un mainstream pola baba abaixo. Miles de eslamiados, aburridos e pretensiosos tamén te agochan na cabeceira. Que facer contigo, pois? No volume de poemas que podería traducir -e traduzo- como Á esculca na loucura da palabra,Seguir lendo “imos fartos de ti, Bukowski”
blue paxaro- tradución de Ch. Bukowski
/Paxaro azul/ hai un paxaro azul no meu corazón que quere saír pero son ben duro con el, dígolle, queda aí, non vou deixar que ninguén te vexa. hai un paxaro azul no meu corazón que quere saír pero bótolle whisky por riba e trago o fume dos cigarros e as putas e os camareirosSeguir lendo “blue paxaro- tradución de Ch. Bukowski”