Presentación Curiosidade no Planetario da Coruña

Mañá presentamos Curiosidade no Planetario! Acompañaranos a Libraría Lume con exemplares… E xa sabedes que no Planetario a noite sempre acompaña… Acompáñasnos?

Pílulas de biomedicina

En conxunto co Centro de Investigación Biomédica en Red [CIBER] , a dra. Joana Magalhães leva adiante un proxecto audiovisual e de divulgación biomédica, patrocinado pola FECYT, centrado nun punto quente interesante: a visibilización das mulleres no campo da investigación en biomedicina. Fomos educadas nunha sociedade na que a muller participaba activamente en ciencias da saúde, maisSeguir lendo “Pílulas de biomedicina”

placas de Petri con Joana

O pasado 10 de maio celebrouse no Parque de Santa Margarida da Coruña o XIX Día da Ciencia na Rúa, cada ano que pasa máis cheo de globos, nenos e música de coches de choque [por favor, por que?]. Asistira como paseanta a moitas das anteriores edicións, pero este ano participei tamén como colaboradora na haima do INIBIC [InstitutoSeguir lendo “placas de Petri con Joana”

Joana in vivo {1}

Joana Magalhães púxose en contacto comigo -grazas a Antía Otero– como alumna do seu obradoiro O Ollo da Arte interesada na simbiose entre arte e ciencia, unha póla que Antía relacionou comigo e as miñas teimas. Joana ofreceuse a facerme unha entrevista. Eliximos a Casa das Ciencias como emprazamento e mantivemos charlas durante algúns días,Seguir lendo “Joana in vivo {1}”