Lista de insolitismos en 23 pílulas de fácil absorción

Lista aberta de sucesos insólitos dos que fun testemuña ou parte protagonista dende que nacín ata aquí, agora, hoxe, 2006 1.- A psicóloga de 3º de EXB dixo: Ahora, niñas, dibujad un hombre. Entendín un OVNI e debuxei un prato voador con dous marcianos guindando unha escaleira de corda. Nunca souben o resultado do testSeguir lendo “Lista de insolitismos en 23 pílulas de fácil absorción”

Hybris hybris [literatura híbrida]

Sereas. Barón Ashler. Faunos. Centauros. David Bowie. Lobishomes. Mulas. Terminators. Minotauro. Anubis. Chihuahuas. Home elefante.[Henry Jekyll e o señor Hyde valerían?]. Os que levan transfusionada sangue doutro grupo. Os que levan un ril co que non naceron. Os enxertos frutais. Peladillos. Nectarinas. O capitán Garfo. Os irmáns siameses. Un tío meu, cun bypass. Algúns dosSeguir lendo “Hybris hybris [literatura híbrida]”

… Non farei nada polo que o deus da biomecánica me impida a entrada no seu ceo…

Ademais dunha corrente estética de certo arrebatadora, a biomecánica, biónica e intelixencia artificial teñen aplicación nun mundo práctico que mellora a vida da xente ou que quizais – e iso acontece tamén na ciencia en sentido amplo – manexa a intachable escusa de, “ademais”, mellorar a vida da xente… De súpeto, un estraño. O serSeguir lendo “… Non farei nada polo que o deus da biomecánica me impida a entrada no seu ceo…”

Neotenia

Definición: neotenia, o sea, la persistencia en un adulto capaz de reproducirse de caracteres usualmente atribuidos a un organismo inmaduro. Típico de anfibios. Urodelos, Anuros. Sapos. Salamandras. Píntegas. Cousas así. Ti e mais eu considerámonos lonxe deses seres. Pero a neotenia é rastrexable nesta especie á que pertenzo. Á que pertences ti. A mutante humana.Seguir lendo “Neotenia”

Lista de cousas embarazosas

  1.- Perder algo que non é teu. Sobre todo, o tempo   2.- Vendo vellas fotos cun ou cunha amante, parella, arreconchegado… cáese unha da Primeira Comuñón 3.- Atopas alguén na rúa que te chama con confianza polo teu nome. Ti expremes os miolos: Diana, Vanessa, Ulpiana, Rafaela… cómo coño…? Rematou a conversa. SóSeguir lendo “Lista de cousas embarazosas”

Lista de Lugares cos que Babexo [só polo nome]

Rhin [Rin] Devesos Samarkanda Lobios Besarabia Salto Ángel Luou Ciudad Delicias Macedonia Shanghai París Zanzíbar Matanzas Cariño Lobeira Seixo Branco Castro Daire Deserto Pintado Murmansk Yucatán Mundaka Nairobi Ons Cnossos Mikonos Isla Tortuga Nicosia Berlín Mar del Plata Asilah Nínive Ulan-Bator Estambul Marrakesh Cines O Xen   Olinda Ur Atlanta Madrás Timbuctú Harar Namibia IspahánSeguir lendo “Lista de Lugares cos que Babexo [só polo nome]”

Devocións desorientadas (Japdevoted)

Escribo cun Uniball eye (Mitsubishi). O meu primeiro disfraz foi de xaponesa. No colexio pintei unha dama nipona de escaiola (azul, rosa, vermello). Tocaba unha mandolina. Talvez era chinesa, como a nai de Familias de 7 países. Crecín con Mazinger Z, Candy Candy… Algunha vez cantei Sakura, tema que polo visto fala das cerdeiras. AlguénSeguir lendo “Devocións desorientadas (Japdevoted)”

B(azar) I

Unha coincidencia. Que emoción. Dúas. Que enigmático. Máis de dúas. Pero, de que estraño galvanismo estamos feitos? Primavera. Interior día. Tarde tranquila. Soa o móbil. Un home. O pai dun coñecido, compañeiro de teatro. O motivo da chamada non importa. Si as súas intrigantes galvanoplastias. Cómo riscando no seu cobre atopo un raro e valiosoSeguir lendo “B(azar) I”