Transcribo un artigo pertencente a unha serie inédita. Non pretendo, nin moito menos, elaborar outro blog que fale de cine : 1, porque non me interesa. 2 ,porque outros fano máis e mellor. 3, porque, claramente, xa abonda. Este artigo é, sen máis, unha das miñas fervorosas listas de razóns polas que algo é algoSeguir lendo “Zoo Tropo”
Arquivo de categoría:macedonia
Escribimos demasiado
Escribimos demasiado. O soporte do papel ás veces ponse insoportable. I escribimos demasiado. Demasiadas letras. Demasiados puntos. Todo é de máis neste 3º planeta do sistema do sol, estrela provinciana. Escribímonos para darnos a certeza de existir. A certeza de ter deixado pegada. Somos demasiados. E non temos nome. Cando un decide publicar o queSeguir lendo “Escribimos demasiado”
Extravieime nun debuxo así
Por exemplo, lévanse varias semanas coma perdida nun debuxo de Escher. Fascinada. Pero perdida.Fodida. Pero fascinada.Fascinada. Pero perdida.E debuxada. Querido Escher, mago dos posibles: por que este planeta é tan limitado nas súas formas, pobre nas súas leis físicas, esperable nas súas relacións causa-efecto? Por que nin sequera as pildoriñas (con un poco de azúcar…)Seguir lendo “Extravieime nun debuxo así”
Oh, what a funny day
Un día interesante este, o de, precisamente, hoxe. Do que aínda podo dicir hoxe sen asomo de morriña. Chega case á súa fin e non pasou nada. Aquí vivín: muller, B+, soños en cor pola noite, roupa interior, chaqueta malva, pantalóns elásticos e ganchiños no pelo. Nada. En que se pensou hoxe? Matinei un intreSeguir lendo “Oh, what a funny day”
Informe de Opia
Sospeito moito dos seres humanos. Por que lles fai tanta gracia falar deles mesmos? Unha formiga non pasaría horas vendo a outras formigas traballar coma formigas. Non elaboraría intrincadas filosofías existencialistas sobre o seu suicidio (nin matinaría nesa posibilidade), sobre o seu ser ou a súa nada. Non celebraría o día do Formiguismo. E isoSeguir lendo “Informe de Opia”
Soñan os unicornios eléctricos con androides?
Hoxe soñei cun deles. Un deses animais. Os amigos das virxes, que trascenden toda sexualidade coma bos hermafroditas. Os unicornios brancos dos tapices, das doncelas con espello de prata, dos gravados, das películas de ciencia-ficción. Un deses. A cousa ten un punto simbólico-hortera que non deixa de fascinarme. Son unha replicante, damas, cabaleiros? Con queSeguir lendo “Soñan os unicornios eléctricos con androides?”
Neve (I)
Copio íntegramente un artigo pertencente á serie Soñeime antes nesta escena, non publicado por min nos anos 2003-2004. O 9 de xaneiro do ano 2003 enviei unha mensaxe múltiple a todos os seres rexistrados no meu móbil. A mensaxe dicía: está nevando Ese mesmo día fixen un microconto que entrou a formar parte daSeguir lendo “Neve (I)”
Cosmetics
O cosmos orixina a cosmética. Ambas teñen que ver coa orde e a beleza do mundo.Non sei se somos máis fillos do cosmos ou máis bastardos da cosmética…Tamén narciso e narcótico están emparentados dalgún modo. Que nos queren dicir as palabras? Herdámolas. Rara vez inventamos nós algunha. Algunha que teña algún tipo de resoancia, claro.Seguir lendo “Cosmetics”
Non sei quen son vostedes
Non sei quen son vostedes.Pero eu vou falar dos trens. Os trens. Cautivos dos trens. Por un estraño mecanismo xiratorio, falar de trens é falar de cine (o comezo e a fin de Europa coa voz hipnótica de Max Von Sydow, a sensualidade ríxida en Con la muerte en los talones, o tren no queSeguir lendo “Non sei quen son vostedes”
Criatura
acabo de crear unha criatura lanzará nenas ao río, como a do doutor Frankenstein?tal vezserá tan distantemente humana coma Olimpia?vivirá no ventre dunha balea, coma Pinoccio?ou en ti, como un Alien? como un cosmos diminuto e só que procura implacablemente sinais de vidacomo a cosmética do cosmos, pintarme para un circo cun só espectador eSeguir lendo “Criatura”