Penso na roupa. Na roupa dobrada e gardada nos armarios. Nas gavetas. Nas trandeiras dos patios. Nas súas cores. No seu incríbel poder de evocación. É un pensamento típico de domingo anubado. Os domingos anubados unha pensa en cousas así. Os sábados pódese pensar en artistas de moda como Ron Mueck ou Nam June Paik.Seguir lendo “Róupame”
Arquivo de categoría:macedonia
Good morning a todos dende o meu futuro anonimato
Miña nai di: mujer, no seas tojo. Os toxos nacen en calquera lugar, pero Galiza semella ser un lugar calquera especialmente entrañábel para o toxo. Os toxos crávanse na alma galega e saen polo outro lado. Malia todas as odas a prol da beleza da chorima [esa flor marela da imaxe], ser un toxo éSeguir lendo “Good morning a todos dende o meu futuro anonimato”
Trónchense. Voilà
Qué guapa é. E simpática, alén diso. Gran don! A simpatía, ho, a simpatía. Don celestial! Flora, Fauna e Primavera sobre o berce da Bela Dormente – despois de perfilarlle os beizos de Mónica Bellucci, as nádegas de J.Lo e a ollada melancólica da Venus de Boticcelli- murmurian, entre faiscadas de variña: E que sexaSeguir lendo “Trónchense. Voilà”
Órganos Vestixiais
Un blog non se abre por necesidade. De feito, non se necesita para nada. Vive dignamente sabéndose superfluo. Tampouco as cores son necesarias [ou psicoloxicamente si?], nin os pezóns masculinos [obxecten], nin o coccix, nin as moas do xuízo, nin o apéndice [órganos considerados vestixiais todos eles], nin a u tras da q, nin eiSeguir lendo “Órganos Vestixiais”
…e, por exemplo, Berlín…
Creo que falarei de Berlín. Nunca estiven en Berlín. En Alemaña si. 4 horas no aeroporto de Frankfurt. Supoño que non vale. Orde. Simetrías. Ebbelwei. Sombreiros con plumas, como o de Guillermo. Tartas de cereixa. Goethes nas librerías das duty free. Pero nunca en Berlín. A xente fala de Berlín. Nas películas aparece Berlín. NosSeguir lendo “…e, por exemplo, Berlín…”
Filias humanoides. Xeofilia
Despois de ver as películas-de-impronunciábel-nome , colaboración de Godfrey Reggio e Philip Glass, extraio as seguintes reflexións (pero seguramente estounas plaxiando. Desconfíen): 1.- O ser humano ten namorado, por esta orde: 1.1.- Da divindade en forma telúrica (bisontes, eguas, mamutes)1.2.- Da divindade en forma cósmica (constelacións, lúa, venus)1.3.- Da divindade en forma humanoide (Osiris, Zeus,Seguir lendo “Filias humanoides. Xeofilia”
Xano. Cranio privilexiado
Xano mira cara adiante. Xano mira cara atrás. Xano era o deus das portas, dos comezos e dos finais (wikipedia dixit). Levo sentada media hora diante [detrás] de toda a miña vida. É de tan mal gusto contalo todo. É de mal gusto dicilo todo na terra. É de mal gusto dicilo todo nun poema.Seguir lendo “Xano. Cranio privilexiado”
Hybris hybris [literatura híbrida]
Sereas. Barón Ashler. Faunos. Centauros. David Bowie. Lobishomes. Mulas. Terminators. Minotauro. Anubis. Chihuahuas. Home elefante.[Henry Jekyll e o señor Hyde valerían?]. Os que levan transfusionada sangue doutro grupo. Os que levan un ril co que non naceron. Os enxertos frutais. Peladillos. Nectarinas. O capitán Garfo. Os irmáns siameses. Un tío meu, cun bypass. Algúns dosSeguir lendo “Hybris hybris [literatura híbrida]”
Sen Arquía, por favor
Por suposto que si. Son anarquista. Cousa que carece de importancia, porque o alicerce do anarquismo é que tamén o sexan os demais. Esa é a base da autarquía, da autoorganización. Non esa idea banalizada de que a anarquía significa que todo o mundo fai o que lle dá a gana e isto é unSeguir lendo “Sen Arquía, por favor”
… Non farei nada polo que o deus da biomecánica me impida a entrada no seu ceo…
Ademais dunha corrente estética de certo arrebatadora, a biomecánica, biónica e intelixencia artificial teñen aplicación nun mundo práctico que mellora a vida da xente ou que quizais – e iso acontece tamén na ciencia en sentido amplo – manexa a intachable escusa de, “ademais”, mellorar a vida da xente… De súpeto, un estraño. O serSeguir lendo “… Non farei nada polo que o deus da biomecánica me impida a entrada no seu ceo…”