bolboretas e lolitas e Stephen Jay Gould

No percorrido destas liñas, Gould alicerza unha idea motriz: a arte [ou a literatura, xa que as toma indistintamente] e a ciencia e, en última instancia, a creatividade humana, teñen a súa orixe na mesma unidade mental que subxace a cada disciplina. Ambas son fillas tanto da imaxinación como da observación.