Recital de poemas e música de «…as neuronas irmás…», XV premio de poesía Afundación-Pen Galicia, acompañada ao piano por Isabel G. Alonso, que interpreta a Satie, Einaudi, Debussy, David Bowie, Antony and the Johnsons e Bach. Entrega de premios celebrada o 9 de maio de 2018 na Sede de Afundación da Coruña.
Arquivos de etiqueta:literatura
encaixar nun premio
Hai quen ten unha opinión sobre case todo. Ou finxe tela. Aínda busco e non dei achado unha opinión contundente sobre certas cousas. Entre elas, o Nobel de Literatura do 2016. Lin de todo sobre el, iso si. Así que como instigador á lectura, serviu. Mesmo pedíronme un artigo para La Voz de Galicia sobre oSeguir lendo “encaixar nun premio”
bolboretas e lolitas e Stephen Jay Gould
No percorrido destas liñas, Gould alicerza unha idea motriz: a arte [ou a literatura, xa que as toma indistintamente] e a ciencia e, en última instancia, a creatividade humana, teñen a súa orixe na mesma unidade mental que subxace a cada disciplina. Ambas son fillas tanto da imaxinación como da observación.