En maio deste ano argallei un concerto literario no Teatro Colón. Unha viaxe polas marxes. Dei comezo a esa viaxe de música e literatura coa lectura deste texto, un dos máis representativos da segunda metade do século XX, e que non pertence a un premio Nobel de Literatura.

«Dende esta perspectiva afastada, pode parecer que a Terra non ten nada de particular. Mais para nós, é outra cousa. Observa de novo ese punto.
Iso é aquí. Iso é noso lar. Iso é nós. Todos os que queres, todos cantos coñeces, todos aqueles dos que algunha vez sentiches falar, cada ser humano que algunha vez foi, vivíu nel a sua vida. A suma da nosa felicidade e sufrimento, miles de relixións fervorosas, ideoloxías e doutrinas económicas, cada cazadora e cada colleitador, cada heroe e covarde, cada creadora e destrutora da civilización, cada rei e plebeo, cada parella de novos namorados, cada nai e pai, neno esperanzado, inventora e explorador, cada mestre de moral, cada político corrupto, cada “superstar”, cada líder supremo, cada santa ou pecadora da historia da nosa especie viviu aquí…
…nun argueiro de po suspendido dunha raiola.»
Punto azul pálido, Carl Sagan
Tradución de Estíbaliz Espinosa, 2013
