placas de Petri con Joana

O pasado 10 de maio celebrouse no Parque de Santa Margarida da Coruña o XIX Día da Ciencia na Rúa, cada ano que pasa máis cheo de globos, nenos e música de coches de choque [por favor, por que?]. Asistira como paseanta a moitas das anteriores edicións, pero este ano participei tamén como colaboradora na haima do INIBIC [Instituto de Investigación Biomédica de A Coruña] e podo dicir que nas fotos que me tiraron a última hora parece que me pasara un camión cisterna por riba. E iso que non tiña responsabilidade nin coordinación de haima ningunha, só puña un minúsculo gran de area. Pero resulta tan fascinante como agotador botar alí o día, dou fe.

Quen si tiña responsabilidade na coordinación das actividades da haima do INIBIC foi a miña anfitrioa, a Dra. Joana Magalhães, e ela si, tamén dou fe, acabou desfondada tras o día e logo do subidón de adrenalina que supuxo ir detrás do tipo que mangou un bolso mentres estabamos recollendo. Que haberá moit@ amig@ da ciencia ao longo do día, non digo que non, mais a última hora chegan os voitres amigos do alleo, a ver se cae algo entre a confusión e a canseira.

No medio dun exuberante programa de manualidades, piñatas, conferencias e visionado de microscopios, Joana e mais eu presentamos unha serie conxunta de Placas de Petri Inter-vidas: por un lado unha intervención de arte e literatura en 5 placas e por outra a lectura do que chamamos Placas de Petri Sonoras, dous textos relacionados coa xeración de formas de vida, criaturas e tecidos. Estes retransmitíronse en Cuac FM e na Cadena Ser o mesmo día. Os fragmentos escollidos foron retallos e corcosidos de Frankenstein, de Mary Shelley, e un anaco dunha charla de Richard Feynman, titulada O valor da ciencia.

Neste audio está toda a retransmisión da radio comunitaria da Coruña Cuac FM. e entre o minuto 9:20 e o 26 a parte das Placas de Petri Sonoras e a entrevista de Isa Lema a Joana Magalhães, sen desperdicio.

http://www.ivoox.com/especial-cuac-fm-xix-dia-da-ciencia-na_md_3104021_1.mp3″ <a href=”http://www.ivoox.com/especial-cuac-fm-xix-dia-da-ciencia-na-audios-mp3_rf_3104021_1.html&#8221; title=”Especial CUAC FM XIX Día da Ciencia na rúa.”>Ir a descargar</a>

Os audios que nos gravaron na Cadena Ser [ grazas a Marcos Sanluis por brindarnos o espazo e a Jose ? nos controis] están escoitables e descargables aquí, na versión galega e castelá, respectivamente:

 http://estibalizespinosa.bandcamp.com/album/placas-de-petri-sonoras

E aquí abaixo podedes curiosear nas Placas de Petri, os microcosmos en carne viva que expuxemos na haima do INIBIC de 15 a 19 h. e que dan conta da integración dos biomateriais sintéticos [cos que traballa xente como a dra. Magalhães no eido da rexeneración tisular] e criaturas vivas como plantas ou salamántigas. A intención destas placas é deixar clara a arte da rexeneración e o seu vínculo co mundo natural, como na biónica. Ou xogar a alternar o natural e o artificial, indistinguibles ás veces como os pétalos dunha margarida. En todas as placas [agás a da tinta] a arte é de Joana Magalhães, mentres que eu me encarguei de nomear esas novas criaturas híbridas e describilas un pouco.

mal-ben-mequerens perla
Mal-ben-mequerens Perla
Sempersapiens Sempervivens
Sempersapiens Semprevivos
quen foi Petri?
quen foi Petri?
Prunus biomaterialis
Prunus biomaterialis
Salamandra salamandra
Salamandra salamandra
Tinta de lura
Tinta de lura
placas de Petri con cereixas
placas de Petri con cereixas
20140510_172121
placas de Petri con menos cereixas

placas de Petri 3

manualidades na carpa do INIBIC
manualidades na carpa do INIBIC
programa do INIBIC
programa do INIBIC
A doutora Eva Poveda na charla Quieres ser científic@?, sobre virus da SIDA
A doutora Eva Poveda, de Viroloxía Clínica,  na charla Quieres ser científic@?

Aquí abaixo, fotografías do que poderían ser planetas afastados ou satélites por descubrir… e trátase en realidade de tecidos do pulmón, do pulmón fumador, da arteria con ou sen colesterol…

tecidos planetarios
tecidos planetarios

Xusto a carón da haima dos microscopios do INIBIC plantaron a haima dos telescopios da Agrupación Astronómica Ío, cun precioso foguete vermello como o que levou a Tintín á lúa como benvida e outras cousiñas como esta:

o observador de incógnito posando como lunático
o observador de estrelas de incógnito pousando un pé na lúa

Uns días antes, Joana e eu graváramos na Cadena Ser Radio Coruña:

na Ser con Joana gravando Placas de Petri Sonoras
na Radio Coruña Cadena Ser con Joana gravando Placas de Petri Sonoras
en CUAC FM
con Isa Lema e Esteban en CUAC FM

Máis da nosa teima coas placas de Petri e outras cuestións arte::ciencia::literatura aquí:
https://estibalizes.wordpress.com/2013/06/20/joana-in-vivo-1/
e aquí:
https://estibalizes.wordpress.com/2013/06/20/joana-in-vivo-2/
e aquí:
https://estibalizes.wordpress.com/2013/06/20/joana-in-vivo-3/

2 pensamentos sobre “placas de Petri con Joana

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: