dous poemas máis de Wislawa Szymborska

tumblr_mnr0l3InAO1rebxsto1_500

A man

Vintesete ósos
trinta e cinco músculos
unhas dúas mil células nerviosas en cada xema de cada un dos cinco dedos.
Máis que abondo para escribir Mein Kampf
ou Winnie the Pooh.

de Até aquí, 2013

La infancia de Ivan - Иваново детство 2
fotograma de Иваново детство, A infancia de Iván, de Andrei Tarkovsky

Fillas da época

Somos fillas da nosa época
e a nosa época é política.

Todas as túas, nosas, vosas
cuestións diúrnas, cuestións nocturnas
son cuestións políticas.

Quéiralo ou non os teus xenes teñen pasado político,
a pel, un matiz político
os ollos, un aquel político.

Canto dis ten unha resonancia
canto calas ten unha elocuencia
por haches ou por bes, política.

Mesmo camiñando por selvas e devesas
dás pasos políticos en terreo político.

Os poemas apolíticos resulta que tamén son políticos,
e aló arriba resplandece a lúa,
un obxecto non só lunar.
Ser ou non ser, velaí a cuestión.
Que cuestión, a ver dime, meu amor:
unha cuestión política.

Nin sequera precisas ser humano
para adquirires relevancia política.
Con que sexas petróleo ben chega,
ou forraxe ou materia reciclada.

Ou incluso unha mesa de debates,
sobre cuxa forma pásanse meses a discutir:
en cal deliberamos sobre a vida e a morte,
na redonda ou na cadrada?

Mentres tanto morreu xente,
animais estiraron a pata
arderon casas e quedaron campos a monte
igualiño que en épocas remotas
e menos políticas.

 de Xente na ponte, 1986

Traducións de Estíbaliz…Espinosa

Máis traducións de Wislawa Szymborska aquí

Máis traducións doutros poetas e demais acolá

2 pensamentos sobre “dous poemas máis de Wislawa Szymborska

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: