Dúas olladas ao conflito armado, curiosamente cun punto común: a muller enfrontándose ao discurso da guerra. Primeira ollada, poema de Simic: o discurso das vítimas nunha lista. Segunda ollada, poema de Szymborska: o discurso do soldado que pregunta por razóns para as que a única resposta é a ignorancia. Non a ignorancia do non saber. A outra.Seguir lendo “Guerras, de Ch. Simic a W. Szymborska”
Arquivos de etiqueta:Wislawa Szymborska
«Prefiro o cero soíño / aos que fan cola nunha cifra»
Posibilidades Prefiro o cine. Prefiro os gatos. Prefiro carballos ás beiras do Warta, Prefiro Dickens a Dostoievski. Prefiro que me guste a xente a amar a humanidade toda. Prefiro levar agulla e fío, non vaia ser. Prefiro a cor verde. Prefiro non afirmar que a razón ten a culpa de todo. Prefiro as excepcións. Prefiro marcharSeguir lendo “«Prefiro o cero soíño / aos que fan cola nunha cifra»”
dous poemas máis de Wislawa Szymborska
A man Vintesete ósos trinta e cinco músculos unhas dúas mil células nerviosas en cada xema de cada un dos cinco dedos. Máis que abondo para escribir Mein Kampf ou Winnie the Pooh. de Até aquí, 2013 Fillas da época Somos fillas da nosa época e a nosa época é política. Todas as túas, nosas, vosasSeguir lendo “dous poemas máis de Wislawa Szymborska”
Vidal Bolaño: laboratorio teatral+recital+concerto
Arredor da figura de Roberto Vidal Bolaño artellouse un espectáculo que está tendo lugar estes días no Teatro Colón: As Marxes da Desgraza. Retallando e retellando fragmentos de obras como Anxeliños, Rastros ou Saxo tenor, 12 alumnos actores deste laboratorio acompañados pola actriz Lucía Regueiro andan entre a desherdanza, a borracheira e a lucidez. AlgúnsSeguir lendo “Vidal Bolaño: laboratorio teatral+recital+concerto”
3 traducións máis de Wislawa Szymborska
Onte houbo un ano que finou unha das grandes voces da literatura -non vou facer un aparte coa poesía. Hoxe non. Pode que mañá tampouco-. Gran voz da literatura, por tanto. Non sei polaco: apenas podo relacionalo cunha raquítica memoria dalgúns cursos de ruso, porén aventureime a sachar a galego algúns textos de Wislawa Szymborska.Seguir lendo “3 traducións máis de Wislawa Szymborska”
abrigos, bufandas, neve, nais
A semana pasada, na charla de Andrés Neuman no Ágora arredor de Hablar solos, a súa última novela, apareceu citado polo propio Andrés e revoando no espazo en tebras da sala, un abrigo. Un abrigo e, detrás, unha nai. E por riba deles, cristais de neve. O verso que citou pertence aos Poemas en prosaSeguir lendo “abrigos, bufandas, neve, nais”
que pasa con Polonia
Algunha mutación xenética opera sobre as xentes de Polonia [e arredores, xa que a propia Polonia foi un país mutante] e moitas delas caen enfermas de literatura da mellor especie. Stanislaw Lem, Billy Wilder, Witold Gombrowicz, Zygmunt Bauman, Kapuscinski, Zbigniew Herbert, Stanislaw J. Lec [nacidos estes dous últimos na actual Ucraína], Wislawa Szymborska.Karol Wojtila! NesaSeguir lendo “que pasa con Polonia”
alguén que ande por aí sabería polaco?
Foi no 98, ou quizais no 99. Non foi por idolatría, cousa que odio por patética, senón por curiosidade. Curiosidade devota, si. Escribinlle unha carta a Wislawa Szymborska. Busquei unha tradutora polaca e reescribina toda. En polaco. Sentíame tan preto dela, desa octoxenaria, separadas polo grosor dunha ou dúas páxinas… crinme investida de confianzas eSeguir lendo “alguén que ande por aí sabería polaco?”