Tres criaturas sorprendentes afectadas pola contaminación lumínica

Un novo artigo da International Dark Sky Association (IDA), publicado na súa web o 30 de xuño de 2016, e que traducín a galego para a web da Agrupación Astronómica Ío, onde poderás lelo ao completo. O artigo liga a varios estudos que corroboran tales afirmacións sobre a relación entre a contaminación luminosa e os patróns vitais de certas criaturas da nosa natureza.

Non se trata de criaturas ás que esteamos moi afeitos por estas latitudes, non moi pródigas en corais e non digamos xa ualabís. Si vagalumes, mais non da especie que figura no estudo citado. Por acolá as afectadas poden ser máis ben aves migratorias ou mesmo as aves urbanas coas que compartirmos parques, codias de pan e patios de veciños. Pero seguramente haberá máis especies, dende escaravellos a árbores, nas que se cadra aínda non se estudaron os efectos prexudiciais desta «abolición da noite» que supón a iluminación excesiva.

As criaturas son «sorprendentes» non por exóticas, senón porque podería parecer que a luz artificial afectaría sobre todo ás especies máis visibles nas grandes cidades. E , como vemos, a cousa chega máis lonxe. Mesmo aos fondos mariños.

Tres criaturas sorprendentes afectadas pola contaminación lumínica

Cada ano somos testemuñas de ducias de novas investigacións verbo dos efectos da luz artificial na noite sobre varias especies da vida natural. Moitos xa coñecemos o impacto da contaminación lumínica en animais como avelaíñas, aves migratorias e tartarugas mariñas, pero hai outros se cadra non tan familiares. Velaquí tres exemplos:

Imaxe de Toby Hudson vía Flickr (CC 2.0).

1.- Coral

Como se o coral non tivese abondo – descoloración, acidificación oceánica e pesca de arrastre- un novo estudo suxire que a contaminación luminosa podería ameazar a súa reprodución.

Os e as investigadoras observaron corais do Grande Arrecife de Coral e atoparon que a desova anual coralina depende dunha intricada mestura de condicións, co luar xogando un papel crucial. Sen embargo, a luz artificial compite coa do luar e se cadra impide aos corais desovar.

Malia careceren de cerebro, os corais contan cun ramificado sistema nervioso que lles permite transmitir sinais como resposta a cambios sensibles nas condicións de luz a nivel celular. O estudo suxire que o detonante da ceiba de células sexuais nos corais é unha proteína semellante á molécula fotosensible melanopsina. Nos mamíferos, a melanopsina desempeña un papel importante na sincronización de ritmos circadianos no ciclo cotián día-noite.

Os efectos da luz na temporización da desova revisten especial importancia xa que a reprodución sexual é vital para a supervivencia do arrecife. Esta descuberta podería axudar a orientar plans de protección de arrecifes e ecosistemas mariños. 

2.- Ualabís

 Outro estudo descubriu que as nais ualabí expostas a luz artificial na noite daban a luz case un mes despois que aquelas vivindo só baixo a luz natural de lúa e estrelas.

O calendario de apareamento ualabí é ben específico. Aparean en outubro e a diminución de horas diúrnas nesa época do ano fai que as femias grávidas produzan melatonina, unha hormona relacionada coa regulación dos patróns sono-vixilia.

[…]

Segue lendo aquí.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: