Loving stars

A estrea inminente da película Loving Vincent e este gif cautivador fixéronme lembrar un estupendo artigo do astrónomo John C. Barentine que traducira a galego hai un ano para a Agrupación Astronómica Ío. No texto, un dos ceos nocturnos de van Gogh, entre outras pezas de arte occidental, serve para dar conta de algo queSeguir lendo “Loving stars”

¿Cuánto hace que no ves la Vía Láctea?

Este verán tiven o privilexio de estrearme na web de Principia cun artigo sobre claroscuros en astronomía e poesía e sobre o grave problema in crescendo da contaminación lumínica. Acompañáronme nesa incursión o ilustrador Álex Falcón, e os fotógrafos Oriol Jolonch, Sandra G. Rey e Óscar Blanco, así como o astrónomo e ilustrador Tyler Nordgren. QueSeguir lendo “¿Cuánto hace que no ves la Vía Láctea?”

Coñecer o escuro, de Wendell Berry

Martin Pawley, compañeiro da Agrupación Astronómica Ío, envioume un poema ao correo por ver se o traducía. Non coñecía a Wendell Berry, prolífico autor de novelas, contos e ensaios, ademais do poemario Farming: a handbook (Agricultura: un manual ou O agro: un manual) que, presumo, non está traducido nin ao castelán nin ao galego, e do queSeguir lendo “Coñecer o escuro, de Wendell Berry”

7 obras de arte inspiradas polo ceo nocturno

Velaquí o comezo da tradución doutro artigo da web da International Dark-Sky Association. Podes ler o artigo completo na web de Agrupación Astronómica Coruñesa Ío. E seguir o fío doutros artigos similares descargándoos en pdf dende aquí. 7 obras de arte inspiradas polo ceo nocturno Tradución de Estíbaliz Espinosa do artigo 7 pieces of Art inspired by theSeguir lendo “7 obras de arte inspiradas polo ceo nocturno”

Tres criaturas sorprendentes afectadas pola contaminación lumínica

Un novo artigo da International Dark Sky Association (IDA), publicado na súa web o 30 de xuño de 2016, e que traducín a galego para a web da Agrupación Astronómica Ío, onde poderás lelo ao completo. O artigo liga a varios estudos que corroboran tales afirmacións sobre a relación entre a contaminación luminosa e os patróns vitais deSeguir lendo “Tres criaturas sorprendentes afectadas pola contaminación lumínica”

Ollos no ceo: explorando a contaminación lumínica global con mapas por satélite

Estes días traducín un texto da  IDA (International Dark Sky Association) para a Agrupación Astronómica Ío, grazas á mediación de Martin Pawley e o seu interese e compromiso por reducir no posible o impacto medioambiental da contaminación luminosa nas nosas cidades. Deseguido, un cachiño dese artigo, Eyes in the Sky: Exploring global light pollution with satelliteSeguir lendo “Ollos no ceo: explorando a contaminación lumínica global con mapas por satélite”

rock/metal+astronomía: Azora 67

Mesturando rock con astronomía, os granadinos Lagartija Nick largábanse este tema, Azora 67,  en 1999 no álbum tamén chamado Lagartija Nick. Unha «canción-protesta» ou, mellor, pregaria mística contra a contaminación lumínica das cidades. Lagartija Nick foron a hostia, non só en Omega [que foi o único disco que tiven deles, un dos mellores dos 90, dinSeguir lendo “rock/metal+astronomía: Azora 67”