un poema neandertal

Un poema neandertal -finxidamente neandertal, dende logo- do ano 2003 que  incluíra en Zoommm. Textos biónicos e que hoxe comparto traducido a castelán. Como toda boa tradución non será idéntica ao orixinal.

Para este texto puxen en práctica unha técnica de interpolación de texto propio con textos adaptados extraídos, neste caso, de publicacións científicas (versos en cursiva), co propósito de lograr dúas voces, un híbrido, unha ficción mesturada con non-ficción; baseada na propia idea que daquela, hai case 15 anos, eu tiña da especie irmá neandertal, da que se sospeitaba -hoxe xa está confirmado- algo hibridada coa sapiens sapiensChámoo  «técnica» pero en verdade non sei de onde saíu porque non lembro ter lido algo antes así en poesía. Empecei a escribir textos con esa simultaneidade de voces -non foi este o primeiro, senón algúns para o Nunca Máis tralo Prestige-; prestoume o resultado e seguín facéndoo en textos posteriores.

Quero dedicar este poema a toda esa xente que durante anos etiquetoume distraidamente nas filas da «poesía do eu» ou «poesía erótica» 😉 Grazas polo despiste! 

A día de hoxe a nosa idea de neandertal foise enriquecendo bastante. Le aquí ou acolá. Así e todo, e ignorando como é lóxico o que investigacións posteriores traerían á luz, eu daquela procurara que a voz neandertal fose o máis sinxela posible, con certa poesía rudimentaria como destellos baseados en elementos naturais ( a noite, o vento, o río), sen que soase infantil tampouco, senón máis ben serenamente perplexa. Hoxe sábese que seguramente tiñan que usar unha linguaxe, pero a principios do 2000 aínda estaba en discusión. Por suposto, son consciente de que esta linguaxe que emprego non ten nada que ver coa que falarían entre eles e elas. A min delátanme a miña época e a miña cultura: uso símiles («tallo puntas agudas como a miña mente»). É unha ficción poética.

/ neandertal /

nunca os he querido demasiado
1856. Rudolf Virchow, padre de la patología moderna, sostiene que los restos del valle de Neander pertenecen a un cosaco mongol muy ceñudo, de ahí la protuberancia en el arco superciliar

entierro a mis muertos. Incluyo en los cálculos a los que nacerán
el hombre de la cueva de Neander sería eso o un imbécil prehumano

las augas del río reflejan mi rostro pensativo
capacidad craneal: 1460 cm3

tallo puntas agudas como mi mente
máxima difusión: hace entre 120.000 y 35.000 anos

de pequeña tuve fiebres y vi cosas
erguidos, los hombres alcanzaban 1’80 cms.

aunque no sé quién es exactamente mi padre, mi madre me dio leche
tremendamente fuertes y robustos

sé lo que es el frío, el calor, arriba y abajo
se desconoce si usaban algún tipo de lenguaje; aunque el cráneo así parece indicarlo, la forma de la laringe no

los muertos me dan miedo y sé conjugar el pasado simple
la mayoría de los esqueletos neandertales encontrados presentan cicatrices curadas en vida

los homos sapiens sapiens sois unos listillos
la coexistencia de ambos grupos en Europa y Oriente Medio representa la última ocasión en la que dos especies de homínidos vivieron simultáneamente

un amigo mío montó a unha sapiens sapiens
usaban y dominaban el fuego

la mujer murió en el parto pero la niña salió con ojos de sapiens sapiens
morían alrededor de los 30

si la miro fijamente, me gruñe como una loba
fabricaban utensilios y cazaban con lanzas

cuando termine de tallar esta piedra mataré una cierva para ella
restos de neandertales: Amud, Kiik-Koba, Monte Circeo, Valle de Neander, Shanidar, Chapelle-aux-Saints, Cueva de El Sidrón, Cova Negra

me gusta ver el futuro con la niña sapiens
Erik Trinkaus considera que probablemente haya genes de neandertal en la actual población europea

no parece que vaya a pasar nada terrible sobre la tierra.
ahora se ha levantado el viento, pero la noche está muy tranquila

2003-2004

publicado en galego en Zoommm. textos biónicos, A regueifa plataforma 2007/ Eds Xerais, 2009

Resultado de imagen de neanderthal woman illustration

Neandertal woman, Mihin89

/ neandertal /

nunca vos quixen demasiado
1856. Virchow, pai da patoloxía moderna, sostén que os restos do val de Neander pertencen a un cosaco mongol moi ceñudo, de aí a protuberancia no arco superciliar

soterro os meus mortos. inclúo nos cálculos os que van nacer
o home da cova de Neander sería iso ou un antigo imbécil prehumano

as augas do río reflicten o meu rostro pensativo
capacidade cranial: 1460 cm3

tallo puntas agudas como a miña mente
máxima difusión: hai entre 120.000 e 35.000 anos

de pequeno tiven unhas febres e vin cousas
ergueitos, os homes alcanzaban 1’80 cms.

aínda que non sei exactamente cal é meu pai, miña nai aleitoume
tremendamente fortes e robustos

sei o que é o frío, o que é a calor, arriba e abaixo
descoñécese se utilizaban algún tipo de linguaxe; aínda que o cranio así parece indicalo, a forma da larinxe non

os mortos danme moito medo e sei conxugar o pasado simple.
a maioría dos esqueletos neanderthais atopados presentan cicatrices curadas en vida

os homos sapiens sapiens sodes uns listillos
a coexistencia de ámbolosdous grupos en Europa e Oriente Medio representa a última ocasión na que dúas especies de homínidos viviron simultaneamente

un amigo meu montou a unha sapiens sapiens
usaban e dominaban o lume

a muller morreu no parto pero o neno ten ollos de sapiens sapiens
morrían arredor dos 30

se fito para el, gruñe coma os lobos
fabricaban utensilios e cazaban con lanzas

cando termine de tallar esta pedra matarei un cervo para el
restos de neanderthais: Amud, Kiik-Koba, Monte Circeo, Val de Neander, Shanidar, Chapelle-aux-Saints, Cova Negra

gústame ver o futuro co neno sapiens
Erik Trinkaus considera que probabelmente haxa xenes de neanderthal na actual poboación europea

non semella que vaia acontecer nada terríbel sobre a terra.
agora levantouse o vento, pero a noite vai moi tranquila

Estíbaliz…Espinosa

publicado en galego en Zoommm. textos biónicos, A regueifa plataforma 2007/ Eds Xerais, 2009

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s