Curiosidade. Poemas

Tras varios anos sen publicar un libro de poesía individual en galego, acaba de saír na flamante Aira Editorial «Curiosidade», unha reivindicación do osíxeno da ciencia e da poesía como parte da nosa maneira de estar no mundo, dar coa lingua e coa palabra, abrazar o estraño, curiosear no que somos nós e no que NON somos nós. E facelo con empatía.

Tamén unha reivindicación do invisible ou invisibilizado, as voces de muller na ciencia e na literatura e a súa forza e mutación. As ilustracións arrebatadoras – entre steampunk, anatómico e mutante- e absolutamente xeniais [son moi fan, que lle queren] son de Celsius Pictor.

Concibido como libro de peto, sae na colección exquisita «Fina Rei», dedicada a voces de muller, abandeirada polo nome dunha reposteira galega anovadora e sensorial. Un orgullo [e toda unha sinestesia] mesturar chocolate con lectura. Pero si, ambos son praceres ás veces moi privados!

Podedes adquirilo nas librarías do país ou ben na rede, por exemplo aquí: Aira das Letras.

É todo un luxo para min contar cunha edición así. Pasen e vexan -e lean-:

 

IMG_20171203_122857.jpgIMG_20171203_122942.jpg

 

IMG_20171203_123325.jpg

 

IMG_20171203_123500.jpg

IMG_20171203_123151.jpg

One thought on “Curiosidade. Poemas

Deixar un comentario