Presentación Curiosidade no Planetario da Coruña

Mañá presentamos Curiosidade no Planetario! Acompañaranos a Libraría Lume con exemplares… E xa sabedes que no Planetario a noite sempre acompaña… Acompáñasnos?

piano e poesía do premio Afundación- Pen Galicia. As neuronas irmás

Recital de poemas e música de «…as neuronas irmás…», XV premio de poesía Afundación-Pen Galicia, acompañada ao piano por Isabel G. Alonso, que interpreta a Satie, Einaudi, Debussy, David Bowie, Antony and the Johnsons e Bach. Entrega de premios celebrada o 9 de maio de 2018 na Sede de Afundación da Coruña.  

Curiosidade. Poemas

Tras varios anos sen publicar un libro de poesía individual en galego, acaba de saír na flamante Aira Editorial «Curiosidade», unha reivindicación do osíxeno da ciencia e da poesía como parte da nosa maneira de estar no mundo, dar coa lingua e coa palabra, abrazar o estraño, curiosear no que somos nós e no que NONSeguir lendo “Curiosidade. Poemas”

un poema de Mohamed Ahmed Bennis

Hai dous anos o XVIIº Festival de Poesía de la Mediterrània púxome en bandexa non só a figura prismática de Ramón Llull –a quen estivo dedicado ese ano– senón tamén a poética de varias voces vencelladas por ese Mar común. Na illa portento de Mallorca. E baixo o chamado irresistible e o carisma de BielSeguir lendo “un poema de Mohamed Ahmed Bennis”

de illas curiosas e traducións: San Simón

Estes días celébrase o Festival Sinsal en San Simón, unha illa do concello de Redondela, na estroboscópica ría de Vigo: lugar con enigma, por pouco inaccesible. Un paraíso singular, como o é ese festival musical que acolle: cun cartaz de músicos descoñecido até polos propios asistentes, xusto ata chegaren alí. Esa illa curiosa, denominada oficialmenteSeguir lendo “de illas curiosas e traducións: San Simón”

Alice Oswald- Varios Portentos

Veño de descubrir a voz de Alice Oswald, unha das máis recoñecidas da poesía británica actual, célebre por unha peculiar versión lírica da Ilíada centrada nos seus personaxes secundarios, marxinais e esquecidos ( o libro titúlase Memorial). Ou un libro dedicado a un río e á comunidade ao seu redor (Dart). Calquera que me coñeza unSeguir lendo “Alice Oswald- Varios Portentos”

Feynman sobre os poetas

Richard Feynman, o físico con rostro da máscara da comedia grega, o que explicaba enigmas da vida cun sorriso ou tocando os bongós en Brasil, o que sementaba pizarras en clases entusiastas e charlas que hoxe son mitos da física do século XX, o que tiña que estar sempre de broma e non, non oSeguir lendo “Feynman sobre os poetas”