a bacteria dixo oh

foto: bacterias fosforescentes da exposición do Symbiotic Bacterial Light Project   …e así naceu a Bioarte. Vostedes, sagaces homo sapiens, xa se terán decatado de que a Vida -así, con maiúscula, como tomada directamente dun poema alemán- hai tempo que está de moda. Todo canto indague nos mecanismos vitais, dende a proxección ampliada dunha bacteriaSeguir lendo “a bacteria dixo oh”

bifurco de vieiros que se xardinan

Exercerei, pois, de anfitriona de links e páxinas que vou atopando. Internet fala tanto de si mesma como a televisión. Así vaise ganchillando unha rede enorme contra a que botamos e rebotamos coma un pale blue dot.com E, tras esta sana ocorrencia, vexamos que raios atopou a criatura mecánica. Nesta cidade viven estas dúas mulleresSeguir lendo “bifurco de vieiros que se xardinan”

Soa e perdida polo fondo dun sistema de navegación en binario

Internet, coma outros medios de comunicación, nútrese de si mesmo e dos que falan del. Na tele acontece escandalosamente: os programas refírense os uns aos outros, co cal o contido, como sucede nas cantigas galego-portuguesas, resume en dúas liñas que se van alternando e versionando a medida que se repiten. O mecanismo da tele éSeguir lendo “Soa e perdida polo fondo dun sistema de navegación en binario”

Sábeslle tan sumamente umami

Nun ensaio cuase-científico [permítome o luxo de non ler apenas novela. Considero de mal gusto que me raien unha vez máis con que a vida en parella é fodida e sen parella máis aínda, ou non, aliñado todo con catro ou cinco detalles da vida cultural do momento. Non teño por que seguir xustificándome]…mmm… retomoSeguir lendo “Sábeslle tan sumamente umami”

Devocións Desorientadas III

Un oportuno cóctel de: ~ Jim Botón y Lucas el Maquinista [coa princesa chinesa Li Si na cidade dos dragóns a bordo de Emma a Locomotora. Grande historia. Un dos meus libros preferidos da infancia, sen dúbida] ~ Fervor pola familia china da baralla Familias de 7 Países [hei sacarlles fotos, porque vexo que sonSeguir lendo “Devocións Desorientadas III”

Good morning a todos dende o meu futuro anonimato

Miña nai di: mujer, no seas tojo. Os toxos nacen en calquera lugar, pero Galiza semella ser un lugar calquera especialmente entrañábel para o toxo. Os toxos crávanse na alma galega e saen polo outro lado. Malia todas as odas a prol da beleza da chorima [esa flor marela da imaxe], ser un toxo éSeguir lendo “Good morning a todos dende o meu futuro anonimato”