Poesía ao Día

Ao fío deste necesario artigo de Luna Miguel en PlayGround, lembro que hoxe, Día da Poesía, é un día, malia todo, cheo de sentido. Non só pola relevancia de certos textos en si, senón porque principalmente  a poesía significa elixir unha voz, un ton no que dirixirnos ao mundo e  recibilo, e coido que moitas mulleres eliximos esa canle de expresión porque eliximos ter unha voz. O día da poesía está cheo de sentido, pero o sistema literario precisa algúns reaxustes se quere seguir tendo sentido.

Non é o sexismo a única razón, pero si ten un peso específico. Lembro moitísimas anécdotas persoais sexistas, dende a aludida aquí con Derek Walcott ata famosos eventos galegos de hai moitos anos nos que se aproveitou para o acoso por internet (a través do meu blog, que era recente), falar de aspectos, fotos ou roupa que levaba posta, todo sen mencionar en ningún momento os textos que eu lera sobre o escenario ou publicara (en papel ou na web). A miña reacción natural foi protestar contra iso. E facelo explícito. Foi algo que influíu tantísimo na miña vida literaria porque os seus ecos duraron moito tempo, de maneira tácita, non expresa, pero moi palpable. 

Hai invisibilización, dende logo, ou visibilización polo lado que non nos interesa (factores extraliterarios, simpatías ou antipatías), mais estando en contacto con mulleres que traballan no eido científico, coido que elas sen dúbida buscan e precisan esa voz, ese relato escrito tamén en feminino. As mulleres no campo da tecnoloxía e a ciencia tamén falan, tamén esixen e reivindican, dende logo, mais o discurso ( esa voz en off) é aínda abrumadoramente masculino. Igual acontece nas webs, blogs ou en plataformas de divulgación (que son de visibilización e reconfiguración).

As mulleres nas redes sociais, nos laboratorios, as poetas, narradoras, relatoras, divulgadoras…temos moito traballo por facer. Non só neste Día oficial.

Aquí máis.

Sei o código.

Se falo, recodifico.

Se calo, chove.

Resultado de imagen de victorian moon vintage

tumblr_nsvudj9Xla1qz6f9yo4_500.jpg

Man a man

cambiamos de xénero

o texto do mundo

Resultado de imagen de victorian moon vintage

Entre ser texto e non selo

elixiches selo

Estíbaliz Espinosa, marzo, 2017

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: