lista de cousas que dirá de nós a maldita xente do futuro

Verdadeiramente, son raros os homes que lograron non seren escravos da época que lles tocou vivir. E non digamos as mulleres. Algunha vez seremos examinados por alguén como bacterias no cristal dun microscopio. Ás veces, cando me ducho, cando remoloneo na cama, viaxo a 140 pola autoestrada ou asisto como oínte a unha charla deSeguir lendo “lista de cousas que dirá de nós a maldita xente do futuro”

ecuacións binomiais

Gústame máis a voz de Ella Fitzgerald que a de Billie Holiday. [oh, amantes do jazz, chasqueade a lingua] Gústame máis a vida privada de Billie Holiday que a vida privada de Ella Fitzgerald Gústame máis quedarme atrás que chegar primeiro Gústame máis publicar aquí que en edición impresa Isto ten algo de sexo inesperado.Seguir lendo “ecuacións binomiais”

lista de cousas ridículas

1.- Confeccionar unha lista de cousas ridículas. E lela 2.- Alguén moi corpulento paseando un chihuahua 3.- O arroz para microondas. As tortillas envasadas ao baleiro 4.- Todo o que leva escrito VIP 5.- A modalidade de marcha deportiva 6.- Bush falando con xornalistas. Bush falando co seu urólogo. Bush falando 7.- As maquinillas barbeadorasSeguir lendo “lista de cousas ridículas”

E mentres el mamáballe a polla a ela…

… … …había algo alí que non casaba. Razóns: 1.- Porque a criatura que isto escribe, malia ser asidua de blogs erótico-sado-pornófilos e confirmar o que di Ivaginaria no seu: “sólo el sexo vende”, non se caracteriza por tratar o tema. Ás veces cánsalle un pouco o tema. Ás veces aburre tanto erotismo. Segundo quéSeguir lendo “E mentres el mamáballe a polla a ela…”

Pharmakopea

Hoxe que cortei un dedo e puxen nel unha tirita Cosmos, escribo que: Os nomes dos productos farmacéuticos seducen. Ao igual que os das súas avoas e tataravoas, as plantas con poderes curativos ou pseudomáxicos da antigüidade. A velenosa beladona, que as mulleres italianas utilizaban para dilatar as pupilas, sinónimo de beleza, predisposición, excitación; oSeguir lendo “Pharmakopea”

Lista de insolitismos en 23 pílulas de fácil absorción

Lista aberta de sucesos insólitos dos que fun testemuña ou parte protagonista dende que nacín ata aquí, agora, hoxe, 2006 1.- A psicóloga de 3º de EXB dixo: Ahora, niñas, dibujad un hombre. Entendín un OVNI e debuxei un prato voador con dous marcianos guindando unha escaleira de corda. Nunca souben o resultado do testSeguir lendo “Lista de insolitismos en 23 pílulas de fácil absorción”

Lista de cousas embarazosas

  1.- Perder algo que non é teu. Sobre todo, o tempo   2.- Vendo vellas fotos cun ou cunha amante, parella, arreconchegado… cáese unha da Primeira Comuñón 3.- Atopas alguén na rúa que te chama con confianza polo teu nome. Ti expremes os miolos: Diana, Vanessa, Ulpiana, Rafaela… cómo coño…? Rematou a conversa. SóSeguir lendo “Lista de cousas embarazosas”

Lista de Lugares cos que Babexo [só polo nome]

Rhin [Rin] Devesos Samarkanda Lobios Besarabia Salto Ángel Luou Ciudad Delicias Macedonia Shanghai París Zanzíbar Matanzas Cariño Lobeira Seixo Branco Castro Daire Deserto Pintado Murmansk Yucatán Mundaka Nairobi Ons Cnossos Mikonos Isla Tortuga Nicosia Berlín Mar del Plata Asilah Nínive Ulan-Bator Estambul Marrakesh Cines O Xen   Olinda Ur Atlanta Madrás Timbuctú Harar Namibia IspahánSeguir lendo “Lista de Lugares cos que Babexo [só polo nome]”