Non saber o nome desa árbore. Do bicho ese, prescindir de especie e días de vida. Ante excremento seco, descoñecer orixe. E das nubes que? Só sospeitar que aquela lembra a un dragón chinés… -lembraba-. Ignoralo todo desa pedra e non menos do río que a esborranchou ata un tacto liso. Da novela do campoSeguir lendo “paseo matinal”
Arquivo de categoría:literatura: esmelga de textos propios
Carpinturías de Branda
Os problemas dos poetas son os problemas dos pintores, dixo Wallace Stevens. Hai unhas semanas, Branda pasoume os seus problemas resoltos en lenzo e madeira para eu os resolver en tinta. Finalmente, os textos non poideron formar parte do catálogo de imaxes para unha expo pero aí quedaron, polo que xurdise no futuro, en apaixoadaSeguir lendo “Carpinturías de Branda”
techno lite
Sobre óso, unha criatura escribira a súa vida. A súa vida era un cervo. A conciencia. Tallado. Tivo que querelo mentres lle nacía pezuña a pezuña pestana a pestana baixo os seus dedos sen xénero sen pasado, simples dedos. Viuno nun museo, so, como todo obxecto. Tanto tempo como lle foi posible: así detivo anteSeguir lendo “techno lite”
fantaisie
FANTASÍA ASTROPORNOFÍSICA DE ESTUDANTE [CON FINAL DE MAL CHISTE] Mozo estudante de astrofísica. Omitimos trazos para non crear empatías cara á súa persoa. Desde a nosa distancia vemos -no entanto, vemos- que é se cadra fermoso baixo unhas cellas vectoriais, ollos tendidos a infinito e máis trazos faciais así polo estilo. Nos que non seríaSeguir lendo “fantaisie”
cheira a transmutación na cociña {2}
Segunda parte de textos sobre cociñas. Este é un feito/desfeitonacasa. Base de datos: cavernas Velaí recén emerxida a súa cabeza do big bang do forno como poderá sorrir, é incrible, calcificada nese espazo que a miña xeración detesta un quasar de vectores, de cuadrantes e pementos que corren a escoar no desaugadoiro das mans éSeguir lendo “cheira a transmutación na cociña {2}”
campo de xogos forzas
/campo de forzas xogos / Dicimos unha cousa e queremos dicir outra. Para sobrevivirmos nesta era con pinta interglacial sobre este planeta, entre a xentalla esta convén ter claro que dicimos unha cousa e queremos dicir outra. Eu mesmo mentindo devo argumentar. A pídelle a B a tradución dun texto págalle por iso xa que o sexoSeguir lendo “campo de xogos forzas”
alou, miña alou
Sabemos que ás veces procurades proxectos con persoas ás que desexades aloumiñar. Que o voso noso aloumiño é o proxecto. Sabemos. Humanos.
aquí nos tendes
Quen pode ollar en fite un abismo e dicir: téñote. Atrápote. Lámbote. Móiote. Animálo. Te. Ou escríbote. Nós non. E sen embargo aquí nos tendes.
o que lemos
Por terceira vez na vida, escribo un poema para un poeta morto e celebrado no día das letras galegas. Non sei cándo [nos veremos], mais en breve ha saír un libro colectivo sobre Lois Pereiro en Xerais. Eis o texto que entreguei: | o que lemos | A masa literaria faise carne carne de papelSeguir lendo “o que lemos”
panacea
panacea O orfidal nas perdices hai tempo que o inxecta, Cincenta. Non hai nada como isto, non. Cun tic na lingua, Brancaneves -os ollos vermellos redondas mazás red winter– fisga entre cortinas a chegada do camello e un sabor a quark rube polo seu rubor arriba. Pero non hai nada como isto. Oh. Non. OsSeguir lendo “panacea”