Poetry Hard Times. Poetry Had Times. Poetry Sad Chimes. Poetry Glad Crimes. Poetry Mad Minds. Poetry Drug Rhymes.
Arquivo de categoría:macedonia
12 de abril, día da cosmonáutica
Non sei que teñen os rusos co universo. Quizais simplemente co escapismo. O escapismo dos contos de fadas, coa insólita Babá Iagá á cabeza, o escapismo do alcool, o escapismo e inmersión no cosmos. De Tsiolkovsky a Tereshkova, de Laika a Zhakonya, a carreira espacial é teima súa, contaxiada en clave bélica aos estadounidenses. ASeguir lendo “12 de abril, día da cosmonáutica”
tataravoa, ti que me nevas
Onte caeume cinsa enriba, nun parque da Coruña. Disque procedía do incendio nas Fragas do Eume. Tivo tanto de tristura como de arrepío. Como se che nevase enriba unha tataravoa e, con ela, unha tataraneta. Un reino que se petrifica. César Antonio Molina publicaba Eume en 2007, cando desempeñaba o cargo de Ministro de CulturaSeguir lendo “tataravoa, ti que me nevas”
materia gris
literatura+ciencia
hacia turbulencia ou tan só turbulencia
o canto
Quizáis este ano suba por fin a escolla de textos, a única escolla que eu recoñeza como propia e que faga tabula rasa dos libros publicados. Algo que me pide o corpo dende hai tempo: anular libros publicados [5] e deixalos en dous: un de antes e outro de agora. Algo que nos pide oSeguir lendo “o canto”
no concerto da violinista descalza
O pasado mes de xaneiro escribín as notas ao programa da Orquestra Sinfónica de Galicia, unha escolma dalgunhas das visións occidentais do Oriente mítico máis unha excursión ao harén imaxinado polo compositor turco Fazil Say. A violinista, Patricia Kopatchinskaja, de vermello e descalza, deixounos peiteados na butaca. O resto de pezas “arabescas” do programa eran obraSeguir lendo “no concerto da violinista descalza”
arañeira
Un doce dousmildoce arranca, cunha rede cargada de todo o que vai pechando, desmantelando e privatizando no mundo real. Todos a velas vir. Como unha araña nunha rede. Como unha rede cargada de orballo.
un Urbano de Pablo Gallo
Hai algúns anos, Pablo debuxaba a tinta negra e carmesí esta especie de collages diseccionados. Ten moitos, algúns cheos de lóxicas deliciosas, é dicir, dadaístas. Coido que neles hai algo do xermolo do que logo foron os Hiperhíbridos [Eds. El Gaviero, 2011] e o proxecto Disecciones, aínda no forno. Xa que este mes que acabaSeguir lendo “un Urbano de Pablo Gallo”
fotos de Olmos 25
Falei moito del. Aquí uns detalles do fresco de Urbano Lugrís no local pechado da rúa Olmos 25, A Coruña: