enxertos de memoria para un clon

Fumar pode matar. Pero as caixas dos que fumaban estaban cheas de tesouros. Tesouros que, sendo tamén mortais, duraban un pouco máis ca eles. Ver isto nos 80, nunha casa dun confín terrestre, unha casa de 3. Cando a unha nai daquela nova aínda lle gustaba Gregory Peck e o fillo maior non coñecía porSeguir lendo “enxertos de memoria para un clon”

salto conceptual

Atrapar saltón cun trueiro. Meter saltón en bolsiña. Velo mover as anteniñas na viaxe de volta. A peluxe suave sobre o exoesqueleto. Élitros, que son ás, que son un “avoaragoraxa” para o saltón. Collerlle algunha clase non identificada de agarimo ao saltón. Sentir mal polo saltón. Sentir peor polo saltón. Imaxinarse saltón en bolsiña plástica,Seguir lendo “salto conceptual”

poesía=publicidade=músculo de materia gris=parvada=sapiens

NADA ACONTECE ALÍ ONDE VIVIMOS E O TEMPO NON PASA  ESTAMOS PETRIFICADOS NUN MOMENTO ELÉCTRICO REPENTINO  COMO O INTRE NO QUE ACENDEMOS OS FAROS DO COCHE  COMO O INTRE DE IMPACTO DUN TIRO DE COCA  NON LLES HAI HISTORIA AQUÍ  O ESPECTÁCULO [FAMA] QUE TOMA O SEU NOME DO ESPECTRO [PANTASMA] É O QUE MANDASeguir lendo “poesía=publicidade=músculo de materia gris=parvada=sapiens”