Como poderemos explicarnos todo isto a nós mesmos, a nós mesmos que nin sequera nos comprendemos por completo? Terían que vir de lonxe para nolo explicar. Era agora cando debería funcionar o programa SETI ou algunha desas inxenuas – pero tan preciosistas- máquinas do tempo. Será agora. Pero non aparecen. Non veñen de planetas exosolaresSeguir lendo “era agora, será agora”
Arquivo de categoría:macedonia
demolicións París
Algúns textos de Manual da destrución, [2008] de Samuel L. París. O resto aquí e máis, moitos máis no seu blog , ou blogue ou bloj. O autor foi albiscado por aquí. Tamén por acolá, baixo a forma de krak krak kraken. Se son tan amables, esvaren. Antropoloxía o home vén do mono o home vir vén doSeguir lendo “demolicións París”
as barbas a remollo {2}
Á luz dos acontecementos, reafírmome Isto ten que ser o principio dun fin. Debe selo.
solaris
É un orgullo pertencer ao sistema solar nos días que vai sol. Á galaxia, que nos ignora de xeito expansivo e lle importa un carallo o nome que lle damos arroubados. E ao resto de planetas, ollos que non nos ven -así, que saibamos- pero aos que non quitamos ollo. É curioso pertencer á especieSeguir lendo “solaris”
aura
Manifestación irrepetible dunha distancia. A aura. Para Walter Benjamin. Para min.
trans-ducir
Traducir= lavar toda a roupa interior doutra persoa, dobrala doutra maneira e gardarlla en gavetas inusuais.
poetose primaveral aguda…
…ou sobredose literaria en todas as primaveras do mundo. ”e coñecerás a túa terra, palmo a palmo”. Évos unha das clásusulas do convenio de escribinte en terra de minifundios con núcleos de poboación espallados e sinuosas costas. Engade en subcláusula: “así como a todo cobrador de peaxe e a toda rotonda oronda”.
agardando en van
Ninguén que diga de si mesmo que está na vangarda de algo pode estalo realmente. Cara a suposta vangarda, de existir, vaise so. É dicir, vaise case inconsciente: non se ve nada por ningures, nada por diante, mesmo nada por detrás. Non pode saberse con lucidez se iso será a vangarda ou un abismo hostil.Seguir lendo “agardando en van”
estar estando un estado
Un Estado prohíbeme tomar a xustiza pola man se alguén mata aos meus. Un Estado esíxeme pagamento puntual e xusto. Un Estado esíxeme fe, fe inquebrantable na súa propia necesidade. Un Estado blíndase para se modificar o menos posible, detalle que o asemella a unha divindade ou cousa cósmica. Un Estado garánteme bens, iso éSeguir lendo “estar estando un estado”
expediente de innovación de emprego
Ofrécese Muso por horas: * dildo poético * broncodilatador para prosa *pesas de ensaio *experto en trend-hunting e metáfora *discreto segundo plano * formas xenerosas * bo fondo