hacia turbulencia ou tan só turbulencia
Arquivos de autor:estíbaliz...espinosa río
o canto
Quizáis este ano suba por fin a escolla de textos, a única escolla que eu recoñeza como propia e que faga tabula rasa dos libros publicados. Algo que me pide o corpo dende hai tempo: anular libros publicados [5] e deixalos en dous: un de antes e outro de agora. Algo que nos pide oSeguir lendo “o canto”
no concerto da violinista descalza
O pasado mes de xaneiro escribín as notas ao programa da Orquestra Sinfónica de Galicia, unha escolma dalgunhas das visións occidentais do Oriente mítico máis unha excursión ao harén imaxinado polo compositor turco Fazil Say. A violinista, Patricia Kopatchinskaja, de vermello e descalza, deixounos peiteados na butaca. O resto de pezas “arabescas” do programa eran obraSeguir lendo “no concerto da violinista descalza”
arañeira
Un doce dousmildoce arranca, cunha rede cargada de todo o que vai pechando, desmantelando e privatizando no mundo real. Todos a velas vir. Como unha araña nunha rede. Como unha rede cargada de orballo.
un Urbano de Pablo Gallo
Hai algúns anos, Pablo debuxaba a tinta negra e carmesí esta especie de collages diseccionados. Ten moitos, algúns cheos de lóxicas deliciosas, é dicir, dadaístas. Coido que neles hai algo do xermolo do que logo foron os Hiperhíbridos [Eds. El Gaviero, 2011] e o proxecto Disecciones, aínda no forno. Xa que este mes que acabaSeguir lendo “un Urbano de Pablo Gallo”
fotos de Olmos 25
Falei moito del. Aquí uns detalles do fresco de Urbano Lugrís no local pechado da rúa Olmos 25, A Coruña:
rodarán cabezas
Mañá mércores 21 de decembro, día en si solsticio e en re maior, o pintor e debuxante Pablo Gallo armado cos seus Hiperhíbridos [El Gaviero, 2011] baixo o brazo, chega expresamente de Bilbo á libraría Formatos [Avda. Fernández Latorre, 5-9, A Coru] para executar a presentación do libro. Hiperhíbridos son cabezas cercenadas da súa literaturaSeguir lendo “rodarán cabezas”
Perdidas extensiones donde el aire…
…Largamente consulta a las arenas. Ulyses Fingal, Balada del Puerto de Os. Hoxe todo o día, Vigo e A Coruña, A Coruña e Vigo, esas siamesas do circo que pelexan coma jatas siamesas, van electrocutar xuntas e morrer pegadas nun vendaval de homenaxe urbano e gris ao noso particular capitán Nemo, bebedor como o capitánSeguir lendo “Perdidas extensiones donde el aire…”
entrevista para Atlántico Diario
ESTÍBALIZ ESPINOSA, por MANUEL VIDAL VILLAVERDE Benquerida Estíbaliz: Velaquí tes as preguntas para a entrevista que sairá este vindeiro domingo no Atlántico Diario. Decembro 2011 1.- O amor, como definición posíbel, ten máis física e química que amerada ‘razón’ de fe, Estíbaliz? Como vou saber eu cousa semellante? Sor Juana Inés de la Cruz sabíaSeguir lendo “entrevista para Atlántico Diario”
papel a punto de en Barcelona
Hai uns días papel a punto de paseou por Barcelona da man da súa man de confianza, a súa man mecanógrafa, a súa man a contramán que non é outra que a miña. Voei e aterrei no Ateneu de Barcelona convidada pola ACEC [Associació Col.legial de Escriptors de Catalunya] para un recital no peche dasSeguir lendo “papel a punto de en Barcelona”