As rúas peatonais de recente apertura e os cambios de horario verán-inverno [entre varios millóns de cousas das que podería e fodería falar] non adoitan chover a gusto de todos. O cambio de horario, en concreto, non lle gusta a case ninguén: todo o mundo vive os primeiros días rosmando nunha especie de jet lagSeguir lendo “memoria para enxertos futuros II”
Arquivos de autor:estíbaliz...espinosa río
asistindo á formación dun universo
Camiñaba pola rúa. Houbera un accidente na estrada. Un carro prendera lume. Dous policías arrastrábano para desconxestionar a vía. Caracterizada de xente, a xente arremuiñaba. Descoidaba, entrementres, fillos, carteiras, amantes no móbil, barras de pan… Ollar ben e darse por enteirado vale máis que todo iso. Xirei a cabeza. Un capó queimado. Nada máis. ESeguir lendo “asistindo á formación dun universo”
kan ja ma kan
Kan ja ma kan La han, wa la han Érase unha vez… ou non o era? , así comeza Iku, o paxaro de ouro, Conto Árabe
liña 6
foto: col. persoal … muller maior, cellas negras, vestido malva/neno con mochila/ latinoamericana, 23 anos, seguramente serve nunha casa/ mozo barbeado, deseñou un logotipo para un bar e escribe deseñador na casilla Profesión/muller loira, en realidade morena, pelo liso, en realidade rizado, casada, en realidade, aborrecida/ adolescente 1, demasiados grans, demasiado preocupado polos grans/Seguir lendo “liña 6”
mutación
foto: tomates da vindeira glaciación. col. persoal tomates: da tenda conxelador: lynx de 2ª man taburete: tendas tuco Non sigan lendo. Isto é unha trampa. Pasamos por certos [só por certos] textos como quen o fai por riba de brasas ardendo. Pero non somos fakires. A nosa pel non fica igual despois. Hai textos-trampa: dispositivosSeguir lendo “mutación”
casa de citas V
And the bouncer is a sumo wrestler cream-puff casper milktoast And the owner is a mental midget with the IQ of a fence post E o matón sabe sumo Pero é un mixiricas covarde E o dono é retrasado mental Co coeficiente de intelixencia do poste dun valado The piano has been drinking, Tom Waits
casa de citas IV
cold silence has a tendency to atrophy any sense of compassion between supposed lovers Schism, Tool
‘Pinte un bisonte na caverna, por favor’: novos formatos creativos no Centro ON Caixa Galicia
Hoxe, 9 de outubro de 2007, estou feliz de presentarvos o meu novo proxecto de comunicación entre literatura e artes dixitais: «Pinte un bisonte na caverna, por favor», no Centro On de Caixa Galicia da Coruña. Había tempo quería artellar encontros híbridos que xunguisen a literatura, a fotografía ou a arte a novos formatos expresivos,Seguir lendo ” ‘Pinte un bisonte na caverna, por favor’: novos formatos creativos no Centro ON Caixa Galicia”
a voz I
A idea sería esta: escoitar o tema cos ollos pechados. Imaxinar a fisonomía dentro da que habita esa voz. Atribuírlle un rostro humano a un atributo. De teren procedido así o seguinte, naturalmente, sería abrir os ollos. O que teñen diante [no youtube] é un dos híbridos máis fabulosos da natureza homo sapiens: unha gargantaSeguir lendo “a voz I”
memoria para enxertos futuros I
A memoria é o único arquivo inexacto do universo que nos permite crer que as cousas aconteceron como nunca aconteceron. Naturalmente, supera mesmo á Historia. En crúa competencia con fotografías e películas, e a diferenza delas, a memoria xamais descansa. O seu proceso de deformación segue un bucle incesante de ecuacións con varios denominadores comúns:Seguir lendo “memoria para enxertos futuros I”