pinte un bisonte na caverna, por favor [crónica X]

O 21 de febreiro deste ano en curso, de gracia, de desgracia, quéseieu qué foi para vostedes, algo sería porque así coleccionamos os anos na memoria: o ano no que non pasou nada especial, o annus horribilis, o ano das olimpiadas de Pekín, o ano que Khruschev deu un zapatazo, o ano que o avóSeguir lendo “pinte un bisonte na caverna, por favor [crónica X]”

pinte un bisonte na caverna, por favor [crónica IX]

O 14 de febreiro de 2008, día de San Valentín e da matanza de San Valentín e do cumpreanos dunha que coñezo non-chamada Valentín, día no que o sol saíu ás 6:16 h. e deitou ás 17:48 h. e, por se fose pouco -urxe que o saiban-,  o día no que o asteroide 385 IlmatarSeguir lendo “pinte un bisonte na caverna, por favor [crónica IX]”

pinte un bisonte na caverna, por favor [crónica VIII]

Pinte un bisonte na caverna, por favor, para os que acaban de chegar ou residen en Macedonia, consistíu nun ciclo no que se deron cita artistas procedentes de eidos diversos que gravitan arredor do audiovisual: vídeo, pintura, fotografía, vídeoclips, vídeoarte, blogs… O último xoves de xaneiro, o 31, a sesión volveu ser dobre e conSeguir lendo “pinte un bisonte na caverna, por favor [crónica VIII]”

pinte un bisonte na caverna, por favor [crónica VI]

O día 24 de xaneiro veu Sara Jess ao ciclo este dos bisontes. Sara Jess, pseudónimo de Lara Bacelo. Presentou varias das súas brillantes propostas en vídeo. Primeiro un, protagonizado por Turi: unha conversa baixo a forma de monólogo dun home peculiarmente reflexivo, desinhibido, diagnosticado. De. Esquizofrenia. Conversas con Deus. A conversa deixa momentaneamente pranchadaSeguir lendo “pinte un bisonte na caverna, por favor [crónica VI]”

pinte un bisonte na caverna, por favor V

A primeira cita do 2008 na caverna do Centro On de Caixa Galicia dentro deste ciclo veu da man [enzoufada] do Branda. Branda, así sen anestesia, é showman. El non o sabe ou importálle un corno. Chego á caverna do Centro On e el xa leva un bo pedazo estilo Popeye perante a pantalla engaiolando,Seguir lendo “pinte un bisonte na caverna, por favor V”

pinte un bisonte na caverna, por favor IV

Aconteceu o 20 de decembro. A sala-caverna encheu. As convidadas foron dúas. As dúas fotógrafas. As dúas manipuladoras das fotos. As dúas moi novas. As dúas cun talento e un estilo claros, irrebatíbeis. As dúas chegaron aos meus ollos antes que aos meus oídos a través de internet. Chegar a elas pola casualidade, tirando doSeguir lendo “pinte un bisonte na caverna, por favor IV”

pinte un bisonte na caverna, por favor III

O 13 de decembro foi a primeira xornada dedicada aos blogs dentro do ciclo. Concorreu pouca xente, pero iso xa vén sendo unha constante. A xente non sabe onde queda o Centro? Será que semella un banco disfrazado [éo]? A xente é parva? María chegou antes ca min e esperoume tomando un café no barSeguir lendo “pinte un bisonte na caverna, por favor III”

pinte un bisonte na caverna, por favor II

No pasado 29 de novembro, a 2ª sesión do ciclo tróuxonos ante as pupilas os xogos e paradoxos fotográficos de Olga Osorio. Olga. Ingredientes: cámara de fotos, biberón, CD de audio e imaxe, colar longo, perfil exótico. Olga. Funcións: fotógrafa, nai e profesora de narrativa audiovisual da Facultade de Comunicación Audiovisual da Coruña, profe taménSeguir lendo “pinte un bisonte na caverna, por favor II”

pinte un bisonte na caverna, por favor

fotografía: pequesquimal Iván López Gimeno foi o primeiro convidado a este experimento. Unha mostra de traballos que teñen como común denominador o xiraren arredor dunha pantalla. O ollo hipnótico. Mitoxénico. Temíbel. Carente de pálpebras. De bágoas. As pantallas son signos dun ollar febril. Coma o dun crocodilo. O experimento toma a forma dunha mostra deSeguir lendo “pinte un bisonte na caverna, por favor”

 ‘Pinte un bisonte na caverna, por favor’: novos formatos creativos no Centro ON Caixa Galicia

Hoxe, 9 de outubro de 2007, estou feliz de presentarvos o meu novo proxecto de comunicación entre literatura e artes dixitais: «Pinte un bisonte na caverna, por favor», no Centro On de Caixa Galicia da Coruña. Había tempo quería artellar encontros híbridos que xunguisen a literatura, a fotografía ou a arte a novos formatos expresivos,Seguir lendo ” ‘Pinte un bisonte na caverna, por favor’: novos formatos creativos no Centro ON Caixa Galicia”