Qué guapa é. E simpática, alén diso. Gran don! A simpatía, ho, a simpatía. Don celestial! Flora, Fauna e Primavera sobre o berce da Bela Dormente – despois de perfilarlle os beizos de Mónica Bellucci, as nádegas de J.Lo e a ollada melancólica da Venus de Boticcelli- murmurian, entre faiscadas de variña: E que sexaSeguir lendo “Trónchense. Voilà”
Arquivos de autor:estíbaliz...espinosa río
Órganos Vestixiais
Un blog non se abre por necesidade. De feito, non se necesita para nada. Vive dignamente sabéndose superfluo. Tampouco as cores son necesarias [ou psicoloxicamente si?], nin os pezóns masculinos [obxecten], nin o coccix, nin as moas do xuízo, nin o apéndice [órganos considerados vestixiais todos eles], nin a u tras da q, nin eiSeguir lendo “Órganos Vestixiais”
…mmmm
Que é o título deste blog. Esa onomatopeia. Recollo a testemuña-mmmmeme que mariademallou me tende, amabelmente e en combustión: 5 temas musicais para foder. ejem. Alehop. ERDF -ese rollo de novelo e fotonovela que se fala máis a través da linguaxe non verbal que da verbal- pode adquirir dimensións épicas ou patéticas segundo a bandaSeguir lendo “…mmmm”
E mentres el mamáballe a polla a ela…
… … …había algo alí que non casaba. Razóns: 1.- Porque a criatura que isto escribe, malia ser asidua de blogs erótico-sado-pornófilos e confirmar o que di Ivaginaria no seu: “sólo el sexo vende”, non se caracteriza por tratar o tema. Ás veces cánsalle un pouco o tema. Ás veces aburre tanto erotismo. Segundo quéSeguir lendo “E mentres el mamáballe a polla a ela…”
…e, por exemplo, Berlín…
Creo que falarei de Berlín. Nunca estiven en Berlín. En Alemaña si. 4 horas no aeroporto de Frankfurt. Supoño que non vale. Orde. Simetrías. Ebbelwei. Sombreiros con plumas, como o de Guillermo. Tartas de cereixa. Goethes nas librerías das duty free. Pero nunca en Berlín. A xente fala de Berlín. Nas películas aparece Berlín. NosSeguir lendo “…e, por exemplo, Berlín…”
Pharmakopea
Hoxe que cortei un dedo e puxen nel unha tirita Cosmos, escribo que: Os nomes dos productos farmacéuticos seducen. Ao igual que os das súas avoas e tataravoas, as plantas con poderes curativos ou pseudomáxicos da antigüidade. A velenosa beladona, que as mulleres italianas utilizaban para dilatar as pupilas, sinónimo de beleza, predisposición, excitación; oSeguir lendo “Pharmakopea”
aleito
/ aleito / I Aléitote no alto, meu neno/ e somos/ un átomo de leite que non existe/ unha formación impura de cristal de leite/ leite dende as Médulas do mundo /cara a succión suave do misterio que dá sede. Canto mais che dou a beber, máis sede teño. Dilatadas as meniñas. Dilatadas por deleite.Seguir lendo “aleito”
Filias humanoides. Xeofilia
Despois de ver as películas-de-impronunciábel-nome , colaboración de Godfrey Reggio e Philip Glass, extraio as seguintes reflexións (pero seguramente estounas plaxiando. Desconfíen): 1.- O ser humano ten namorado, por esta orde: 1.1.- Da divindade en forma telúrica (bisontes, eguas, mamutes)1.2.- Da divindade en forma cósmica (constelacións, lúa, venus)1.3.- Da divindade en forma humanoide (Osiris, Zeus,Seguir lendo “Filias humanoides. Xeofilia”
Frikismos da cidade
Por aclamacións populares [algo inventadas] hei darlle máis caña a este bloj. Disque o meu ritmo galápago de un ou un par de posts ao mes é demasiado… cómo dicilo… sideral. E o tempo humano hai tempo que non é sidéreo. O tempo humano hai tempo que non é nin sequera contemporáneo. De feito, teñoSeguir lendo “Frikismos da cidade”
Xano. Cranio privilexiado
Xano mira cara adiante. Xano mira cara atrás. Xano era o deus das portas, dos comezos e dos finais (wikipedia dixit). Levo sentada media hora diante [detrás] de toda a miña vida. É de tan mal gusto contalo todo. É de mal gusto dicilo todo na terra. É de mal gusto dicilo todo nun poema.Seguir lendo “Xano. Cranio privilexiado”