Onte presentouse en Madrid o Almanaque Poético de 2011 -coordenado por Maite Dono; da editorial El Gaviero– viviseccionado no post anterior. Velaquí penduro o vídeo que tiven a ben perpetrar frankensteinar confeccionar a partir dun dos textos pertencentes a xullo, mes que, por razóns desvergonzosamente obvias, escollín. O audio do vídeo está deliberadamente acelerado nalgunhas partesSeguir lendo “corte transversal dun ano humano”
Arquivo de categoría:literatura: esmelga de textos propios
cruzo un tipo que me
CRUZO UN TIPO QUE ME Hai un home apoiado na esquina desta frase, xusto nesta esquina que acabas de dobrar para miralo. Recoñécelo? É alto. As súas mans son máis grandes que as túas con máis pelo. As súas mamilas tenras non dan leite. A súa noz ninguén a abre. O seu corazón palpita nosSeguir lendo “cruzo un tipo que me”
xénero que foxe
… e seguiu correndo por esta páxina arriba, en dirección á estación de tren da fronteira, sen máis destino que ese, esta páxina e esa estación. Vímola tropezar e volver levantarse, tropezar unha vez máis con puntos e con comas, rodar sobre unha aliñación de puntos suspensivos, agarrarse ao gancho dunha interrogación aberta. Hai momentosSeguir lendo “xénero que foxe”
zero
ZERO Se abondase cun texto informe para deformar o espazo-tempo e incluírnos a nós mesmos en calquera rexión do que ten sido … puntos suspensivos esixe agora o innomeable chegamos ao momento en que non se sabe qué dicirse. E con todo internámonos alén desta folla. Pasamos a Marola. Lendo desde atrás estas palabras queSeguir lendo “zero”
a muller que
Solicitáronme un texto baseado nalgunha canción ou artista. O texto será ilustrado despois por el, si: Pablo Gallo. Polo que podo contar, que é máis do que debería, pertencerá a unha serie de retratos de músicos con paxaros na cabeza, moitos dos cales podedes espiar aquí. O músico que escollín chámase PJ Harvey. É unhaSeguir lendo “a muller que”
onte falaches en soños
ONTE FALACHES EN SOÑOS Artigo aparecido na revista do Festival Mozart de A Coruña co gallo da representación de O soño dunha noite de verán, de W. Shakespeare con música de F. Mendelssohn. Morboria Teatro e a Orquesta Sinfónica de Galicia, dirixida por Rubén Gimeno, máis o Coro da Orquesta Sinfónica de Galicia, dirixido porSeguir lendo “onte falaches en soños”
o peso da
O PESO DA. Discurso esmoucado Estíbaliz…Espinosa IV Encontro de Novos Escritores, novembro de 2009 IDENTIFÍQUESE, POR FAVOR A literatura ten a ver -como a clonación e o cancro, como a cultura e a reprodutibilidade técnica- co vello clásico da inmortalidade. Co noso mal gusto sentimental que nos obriga, por xenética, a procurarnos a inmortalidade. DesexarlleSeguir lendo “o peso da”
a non-métrica antártica
Aquí, pensando un intre nos textos e no que quero obter deles. No botín que quero que se obteña deles. Véxome por aí camiñando mal, chamando a berros escordaduras, luxacións sintácticas. A dor de ler iso. O pracer de pensalo. Hai 6 anos escribín unha cousa, un poema que formou parte da antoloxía de poetasSeguir lendo “a non-métrica antártica”
fumarola
Recensión aparecida na revista Ollo Público en verán de 2009 Fumarola feminina Os lugares de encerro [unha páxina, por exemplo] exercen o seu poder de atracción sobre nós. Todo o que alí dentro acontece mestura podremia e esplendor. Axexo e delirio. Puntiñas de iceberg. Fumarolas oceánicas. Un dos libros que relerei moitas veces na miñaSeguir lendo “fumarola”
páxina a piques de
PÁXINA A PIQUES DE Irrompemos nesta xeometría de cantos obedientes á escritura como feroces relados por unha distancia de séculos. Non é máis ca un nicho de mercado, din algúns. Non é máis ca un esternón de calcio ausente da miña vida, dis ti. Como sobre unha cama revolta vendavalean os nosos suxeitos co teuSeguir lendo “páxina a piques de”