o clic

Escribir é un dispositivo de silenzo, non descubro a pólvora con isto. A esquizofrenia do escritor dáse porque debe rechouchiar, gorgolejar, enxamear, polinizar, radiactivar, atoparse con, conspirar, tramar, ensarillar, ensaraollar, facer encaixe de bolos, de bolillos, de bolachas, divertir, entreter, sublimar, disolver, imantar, modular a voz, jet-laggear, facer rir, facer chorar, conmover, zunir, quedar ben,Seguir lendo “o clic”

ti es o que escribes

En internet, ti es iso que escribes. Ben sei que xa o dixen moitas veces, pero é que debo escribilo máis unha vez: aquí, neste reino binario, ti es o que escribes, máis nada, restras de letras [Stevenson dicía, dicía Borges, que un personaxe só era unha restra de palabras] pausas, intermitencias, un tipo deSeguir lendo “ti es o que escribes”

ya el abrigo

Na estación de autobuses alguén me regala este libro. Un libro novo. Un libro do trinque. Un libro de Ediciones del Viento, garantía de papel avainillado, garantía de letra chusca, garantía de bo contido… [Arelo publicar en Ediciones del Viento? Pois claro, como toda filla do aire coruñés]. Quen mo agasalla só me di: EstáSeguir lendo “ya el abrigo”