Dúas son as especialidades médicas que creo máis en bragas: a xinecoloxía [obstetricia, en concreto; partos, en particular] e a psiquiatría. Tumbamos de costas ás mulleres para que parir sexa máis cómodo. Para quen atende o parto. Parir redúcese, pois, a un asunto de posturas. Ben, queremos fochancos no chan como os dos talleres dosSeguir lendo “notas fugaces e contundentes sobre a medicina”
Arquivo de categoría:macedonia
o non lugar
A Ucraína entrei en autobús, atravesando os campos polacos no Nadal de 1997. Nada parecía diferenciar moito un país [Ucraína] do outro [Polonia] agás no feito de que os ucraínos contiñan no sorriso máis dentes de ouro. Pero diso non me decatei ata o día seguinte, no que o primeiro habitante de Lviv co queSeguir lendo “o non lugar”
ciensía+poencia
A Mostra de Ciencia e Cinema [M+C+C] suma exponentes e na edición deste seu segundo ano incluíu un apartado de Ciencia e Poesía. O formato elixido: recital con música no teatro Rosalía de Castro da Coruña, o pasado mércores 28 de outubro. Alí fomos Xavier Seoane, Marica Campo, Alfredo Ferreiro, Manuel Rivas, Emma Couceiro eSeguir lendo “ciensía+poencia”
enerxía escura
Lotte Reiniger vivía nas sombras e das sombras e, quizais por iso e por ter sido alemana no convulso inicio do século XX, pouco se sabe dela. Antes de Tex Avery e Disney, Reiniger traballa co peculiar sistema de animación traído de China: o teatro de sombras. A diferenza é que ela grávao para cineSeguir lendo “enerxía escura”
desleigamento
Xamais me recoñezo nas entrevistas. Esfórzome. Pero non sei por que, acabo pensando: eu nunca tería dito iso. Falo das miñas propias entrevistas, ese subxénero.
reexistencia do muso
As fillas de Mnemosine, a memoria. As Musas. As nove insinuantes mozas que viven nos ombreiros dos xenios para alcanzaren mellor eses pavillóns auditivos que han soprar sen descanso. Ou se cadra é nos seus sombreiros onde moran, debaixo dos cales executan danzas microscópicas, si, mais hiperestimulantes para o rego sanguíneo dos miolos. Non alcanzoSeguir lendo “reexistencia do muso”
paxinite
Abrín unha páxina ao chou. É unha enfermidade que teño. Nunca deixa de ser un exercicio interesante porque pilla estilo, trama e personaxes totalmente desprevenidos. A páxina é a 259. A editorial: Compactos Anagrama. Cor de cuberta: vermello intenso. Título do libro: Los detectives salvajes. Autor: Roberto Bolaño. O de alá. Porque tiñamos outro aquí,Seguir lendo “paxinite”
caixa torácica
Aos 15 anos regresei dun campamento de verán. Trouxen canda min unha tos ferinte. Dende nena tendo á tos. Os bronquios. Imaxínoos como crisálidas de menos dun milímetro de grosor, repulsivos, con algo ancián neles. Flemas. Irritación. Congoxas. Todo alí, asentado. Os carraspeos estúpidos que interrompen unha historia. Esta por exemplo. As toses nocturnas, máisSeguir lendo “caixa torácica”
órganos
kecipak-kecipung
Nunha cartografía persoal de sons hai xente que talvez elixiría o son da auga fervendo, o ruído dun motor, un renxer, un xemer, un grolo, un siseo. No exercicio da tradución seica quede patente unha cousa: se ben as linguas enchen ocos conceptuais diferentes, é difícil que exista unha palabra que, explicada, siga a serSeguir lendo “kecipak-kecipung”