poema traducido de F. Aguirre

Traduzo algúns dos poemas de Francisca Aguirre a galego. E comezo co do post anterior. DERRADEIRA NEVE A Pedro García Domínguez Unha fermosa mentira acompáñate, pero non chega a acariciarte. Só sabes dela o que din, o que explican libros enigmáticos a narraren unha fabulosa historia con palabras cheas de significado, cheas de claridade eSeguir lendo “poema traducido de F. Aguirre”

abrigos, bufandas, neve, nais

A semana pasada, na charla de Andrés Neuman no Ágora arredor de Hablar solos, a súa última novela, apareceu citado polo propio Andrés e revoando no espazo en tebras da sala, un abrigo. Un abrigo e, detrás, unha nai. E por riba deles, cristais de neve. O verso que citou pertence aos Poemas en prosaSeguir lendo “abrigos, bufandas, neve, nais”