escritora ti? non

E ti pregúntasme que significa ser escritora? Está claro que ti, querida Eduarda, non o es. Levas escribindo dende os 6 anos pero a ver se vas crer que iso significa ser escritora. Publicaches máis de media ducia de libros. Pero iso non significa ser escritora. Nin ter participado en máis de 60 libros colectivos.Seguir lendo “escritora ti? non”

notas sobre Ives, Barber, Parera, Mahler e Mussorgski

{todas as notas ao programa da OSG que escribín dende o 2010 están descargables en pdf clicando nesta pestana da categoría SPORA: notas desconcertantes] Programa da Orquesta Sinfónica de Galicia, venres 25 de abril, Palacio da Ópera d’A Coruña, 20:30: CHARLES IVES CHARLES IVES The Unanswered Question, S. 50 SAMUEL BARBER Adagio para cuerdas TONI PARERA TowardsSeguir lendo “notas sobre Ives, Barber, Parera, Mahler e Mussorgski”

6 poemas {en}cantados de Emily Dickinson

Este venres, 25 de abril [de 2014], día da revolución dos cravos. dos cravos fondos, dos cravos inútiles na parede como o do haiku de Susana Benet [De aquella jaula/ solo queda en la pared/ el clavo inútil], dos cravos cravados -como corresponde á súa natureza- en lugares máis brandos ca eles mesmos, da revoluciónSeguir lendo “6 poemas {en}cantados de Emily Dickinson”

feliz día da Cosmonáutica- Yuri Gagarin e Emily Dickinson

Estíbaliz Espinosa, 12 de abril 2014 Prezados cyborgs [canto tempo sen usar ese palabro] que vivides con extensións qwerty nos dedos e córneas de cristal líquido e medides a vosa memoria en teras e poñedes e quitades enxertos de memoria por se algún día hai un clon coa vosa dote [ía poñer enxoval] xenética e queredes que esquezaSeguir lendo “feliz día da Cosmonáutica- Yuri Gagarin e Emily Dickinson”

Vidal Bolaño: laboratorio teatral+recital+concerto

Arredor da figura de Roberto Vidal Bolaño artellouse un espectáculo que está tendo lugar estes días no Teatro Colón: As Marxes da Desgraza. Retallando e retellando fragmentos de obras como Anxeliños, Rastros ou Saxo tenor, 12 alumnos actores deste laboratorio acompañados pola actriz Lucía Regueiro andan entre a desherdanza, a borracheira e a lucidez. AlgúnsSeguir lendo “Vidal Bolaño: laboratorio teatral+recital+concerto”

poema 668 de Emily Dickinson

Non por casualidade este é o primeiro poema traducido que subo este ano. A autora, a coñecida Emily Dickinson, definira tamén a natureza como unha «Haunted House» -unha casa encantada- e á arte como «a House that tries to be haunted» -unha casa que intenta estar encantada-. Que savoir tan decimonónico, tan volta de torca eSeguir lendo “poema 668 de Emily Dickinson”

abrigos, bufandas, neve, nais

A semana pasada, na charla de Andrés Neuman no Ágora arredor de Hablar solos, a súa última novela, apareceu citado polo propio Andrés e revoando no espazo en tebras da sala, un abrigo. Un abrigo e, detrás, unha nai. E por riba deles, cristais de neve. O verso que citou pertence aos Poemas en prosaSeguir lendo “abrigos, bufandas, neve, nais”