Xa non lembro se finalmente saíu en 2006 ou 2007, nas súas páxinas non figura o ano e levaba tanto cocéndose que é posible que trabuque as datas. O «proxecto dos elementos» era unha fecunda-ida-de-olla do deseñador Samuel Fernández e o seu brazo armado, Acolá. Baseándose nos 4 elementos primordiais segundo Aristóteles, propúxose publicar 4Seguir lendo “| kosmonaut |”
Arquivos de autor:estíbaliz...espinosa río
notas ao programa: Bernstein, Gershwin e Shostakóvich
[Todas as notas ao programa escritas dende o ano 2010 para a Orquesta Sinfónica de Galicia están agrupadas na pestana artigos da cabeceira do blog] Os vindeiros 1 e 2 de novembro, a Orquesta Sinfónica de Galicia recibe como convidados ao pianista de jazz latino Michel Camilo xunta o director estadounidense de orixe ucraína Leonard Slatkin,Seguir lendo “notas ao programa: Bernstein, Gershwin e Shostakóvich”
zarzuela e steampunk
Antonte
punto azul pálido
En maio deste ano argallei un concerto literario no Teatro Colón. Unha viaxe polas marxes. Dei comezo a esa viaxe de música e literatura coa lectura deste texto, un dos máis representativos da segunda metade do século XX, e que non pertence a un premio Nobel de Literatura. «Dende esta perspectiva afastada, pode parecer queSeguir lendo “punto azul pálido”
levantarnos Leviatán
Disque baixou o paro en 31 persoas, 31 criaturiñas como 31 soles. Alguén pode dar esa cifra e non morrer de fulminante vergoña ? Pois si, pódese. Como outra cousa apenas sei facer, recupero dous textos nos que creo na forza que existe no Mundo Real, por fóra deste «telón de ceros» que ás vecesSeguir lendo “levantarnos Leviatán”
o tiburón que debería moverse sen cesar
:: o tiburón que debería moverse sen cesar :: O tiburón que debería moverse sen cesar, morreu. Sostémolo nos brazos, como a un familiar esbarrelado ou ao vello sofá escuro, nos brazos tendidos sostense, os mesmos brazos, os de sempre. Por eses brazos galoparon eguas ao principio, cando era o mundo unha nave, un ovoSeguir lendo “o tiburón que debería moverse sen cesar”
caleidoscopios esmagados
Mirar por un caleidoscopio ou ser mirado por el? Que se che quede mirando dende o chan? Os chans da artista alemá Suzan Drummen. A arte volve ser decorativa? Pode a arte decorativa non deixar de abrirnos preguntas filosóficas? Ou xa non? [xa non pode non deixar? ] Caleidoscopios de persoas fitando un caleidoscopio de pedrolos.
2 poemas de Baudelaire
Borges renegaba de Baudelaire, logo de telo sabido de memoria. “¿La fama de Baudelaire? La cursilería gusta. Qué triste llenar la literatura de almohadones y muebles y mostrar la maldad como meritoria. Baudelaire es la piedra de toque para saber si una persona entiende algo de poesía, para saber si una persona es un imbécil;Seguir lendo “2 poemas de Baudelaire”
o corpo a hematocrítico debate
Ideas que quedan no tinteiro. Para a mesa redonda de #ocorpoadebate de antonte en Compost levaba o exemplo da antoloxía Sangrantes, de recente aparición na editorial Origami, relacionada con poemarios de autoras galegas que inciden na mesma rotundidade corporal dende o título [ Os teus dedos na miña braga con regra, por exemplo, de LupeSeguir lendo “o corpo a hematocrítico debate”
ser texto que {2}
Colgo de novo este, digamos, relato para a sesión de #ocorpoadebate de hoxe en Santiago de Compostela. É malvada a escritura. É tramposa. Fíxoche crer no teu prodixio persoal. As túas cartas imaxinativas e audaces, os teus exames de matrícula de honra, as túas redaccións louvadas polas monxas, primeiros relatos e poemas cheos da zouponaSeguir lendo “ser texto que {2}”