techno lite

Sobre óso, unha criatura escribira a súa vida. A súa vida era un cervo. A conciencia. Tallado. Tivo que querelo mentres lle nacía pezuña a pezuña pestana a pestana baixo os seus dedos sen xénero sen pasado, simples dedos. Viuno nun museo, so, como todo obxecto. Tanto tempo como lle foi posible: así detivo anteSeguir lendo “techno lite”

fantaisie

FANTASÍA ASTROPORNOFÍSICA DE ESTUDANTE [CON FINAL DE MAL CHISTE] Mozo estudante de astrofísica. Omitimos trazos para non crear empatías cara á súa persoa. Desde a nosa distancia vemos -no entanto, vemos- que é se cadra fermoso baixo unhas cellas vectoriais, ollos tendidos a infinito e máis trazos faciais así polo estilo. Nos que non seríaSeguir lendo “fantaisie”

cheira a transmutación na cociña {2}

Segunda parte de textos sobre cociñas. Este é un feito/desfeitonacasa. Base de datos: cavernas Velaí recén emerxida a súa cabeza do big bang do forno como poderá sorrir, é incrible, calcificada nese espazo que a miña xeración detesta un quasar de vectores, de cuadrantes e pementos que corren a escoar no desaugadoiro das mans éSeguir lendo “cheira a transmutación na cociña {2}”

Tsiolkovski rules

Sempre quixen pasar noite no mítico hotel Cosmos de Moscú. Pero nada. Terei que celebrar o que queda de día da cosmonáutica bebendo un sórdido ruso branco, en plan Nota. Hala. A voar. O meu estatus de hoxe en Facebook. Nunha exposición de cosmonáutica soviética da Casa das Ciencias vin hai anos unha reprodución doSeguir lendo “Tsiolkovski rules”

a túa excepción desconcerta- Fatena Al-Ghorra en galego

Fatena Al-Ghorra [Gaza, Palestina] vai en España estes días. Poeta e xornalista. Pasou pola Universidade de Almería, por Málaga e andará en Cosmopoética [Córdoba] e Madrid [presentada por Elena Medel, quen a introduciu en España] na vindeira fin de semana. Traduzo da versión castelán que dende o árabe verqueu Rosa-Isabel Martínez Lillo.  Trátase de fragmentosSeguir lendo “a túa excepción desconcerta- Fatena Al-Ghorra en galego”