Son fetichista, como tantos outros, cos principios e finais dos libros. O do medio é circunstancia, dixestión, proceso, trama. Pura ximnasia. Pero o principio e o final son como a cara e os pes dunha persoa: definitivos. Dun libro que collo ao azar sempre leo a primera frase. Non sempre a derradeira. Encantaríame entrar eSeguir lendo “sor”
Arquivos de autor:estíbaliz...espinosa río
dispositivamente
Poden apaixonarme, trastornarme obsesivo-compulsivamente ata neuromutarme os conceptos e valores do literario, do abismo literario, da literatura, da escrita e a lectura como fenómenos do máis friki da existencia humana. Sen embargo, en xeral, desprezo os conceptos e valores de certa modalidade de vida social literaria, do do ut des, das peaxes precisas para queSeguir lendo “dispositivamente”
mensaxe especial libro day
Tú me miras sin sonreír yo sonrío sin mirar. Tengo mucho que decir te conviene estar atento Como me ves te verás, Siniestro Total Ti mírasme sen sorrir eu sorrío sen mirar. Teño moito que dicir. Convente estar atento
werewolfies
Todo home ou muller occidental considerado culto [e cool] a principios do século XXI parece estar na obriga de ser non só lector, senón tamén escritor. Barra a. Isto non pode acabar ben.
casa de citas XXII
Nada máis sinxelo. Cada vez que unha pasaxe facíame rir a gargalladas, comprendía que agochaba algún farol. E esa maraña pareceume extremadamente hábil: loitar contra a mala fe utilizando a mala fe, o terrorismo intelectual, ser aínda máis hipócrita que o seu adversario, é unha táctica excelente. Demasiado excelente, por outra banda, xa que resultaSeguir lendo “casa de citas XXII”
confesionalismo
Abrirse as tripas perante o público pode ser un exercicio catártico. Artístico. Pero, por si só, non garante fondura. A calidade das tripas tamén importa. Hai tripas. E tripas.
interiorismos do espazo exterior [+ textos dos de+]
El musgo que indica el norte. Ediciones QVE. Haibooks. É o debut como escritor de Luis Carril. A súa estación total. Porque antes que nada é topógrafo. É como unha consecuencia desa aparatoloxía e xeolocalización constante que este tipo escriba haikus. [podemos darlle a volta á cousa: Porque antes que nada é haijin. É comoSeguir lendo “interiorismos do espazo exterior [+ textos dos de+]”
o sol recende a todo volume
Pasei uns días enlamada na nobre arte da sinestesia, cun artigo por encargo sobre O soño dunha noite de verán, a de Shakes e a de Mendels [con posmoderna confianza], e por iso e porque é primavera e á xente que te cruzas pola rúa vela como se fose a primeira vez que a vesSeguir lendo “o sol recende a todo volume”
non coman carne
Non namoren en vacacións.
merodeo o xa famoso Libro do Voyeur
Durante boa parte do ano 2008 e case todo o 2009 estableceuse un curioso costume cibernético nos blogs literarios españois e ultramariños: facer referencia a un libro multiorgásmico e cóncavo e cónclave e pechadura e apertura, un libro colectivo impulsado por un pintor e ilustrador coruñés que xiraba arredor dos ollos das pechaduras. Ou máisSeguir lendo “merodeo o xa famoso Libro do Voyeur”