corren cos lobos

Case por definición, a cría selectiva de animais domesticados produce animais que engordan con facilidade, reproducen ben e son dóciles e torpes. Os cerebros das vacas e mais dos cochos son un tercio máis pequenos que os dos seus parentes en estado salvaxe. As cadelas con frecuencia son o dobre de fértiles que as lobas.Seguir lendo “corren cos lobos”

aleatorio cancións

Saio correndo do teatro [Teatre Gaudí, Padre Claret 120]. Atraveso este blog e tiro para adiante. É a primeira vez na miña vida que corro por Barcelona. Visitara Barcelona varias veces antes, tres concretamente [la 1ª por coraje, la 2ª por capricho, la 3ª por placer] pero nunca vivira nela. Nunca correra nela. Hai queSeguir lendo “aleatorio cancións”

b(azar) II

A través desa arma cargada de futuro polo diaño -Facebook é o seu nome- chégame unha proposta baseada na aleatoriedade: xogar a ser deseñador de portadas de discos inexistentes a partir das procuras random da wikipedia, de flickr ou das wikiquotes. Como vivo estas semanas nun hotel branco con wi-fi, almorzo-buffet e tedio-opulento, acepto. LástimaSeguir lendo “b(azar) II”

7º avión

Por cuarta vez en 20 días emprendo viaxe. De cada vez, súbome ao avión máis silenciosa. Miro pola fiestriña. Nunca hai xente. Só casas, coches, granxas, camiños infinitos a montañas infinitas. Nubes que non son nada, apenas unha vibración na cabina. Unha sensación de membro fantasma. No oído. No exterior. Na alma. Nos bosques solitariosSeguir lendo “7º avión”

ser texto que

É malvada a escritura. É tramposa. Fíxoche crer no teu prodixio persoal. As túas cartas imaxinativas e audaces, os teus exames de matrícula de honra, as túas redaccións louvadas polas monxas, primeiros relatos e poemas cheos da zoupona seiva do crecemento. Por escrito ti eras tóxica coma todo o fabuloso. Ramificaches no aire. Escribiches sobreSeguir lendo “ser texto que”

casa de citas XVII

Un estudo absurdamente preciso estima que un 28% de científicos destacados, un 60% de compositores, un 73% de pintores, un 77% de novelistas e un pasmoso 87% de poetas presentaron un certo grao de trastorno mental Matt Ridley Que nos fai humanos Abráiame que non inclúan a políticos, actores ou directores de cine, teatro eSeguir lendo “casa de citas XVII”

elixir calceta

Estes días xanto con moita xente ao mesmo tempo. Estou nunha cidade con moita xente ao mesmo tempo. Xantamos delicias picantes de moitos lugares do mundo. Nós vimos doutro lugar do mundo. María Reimóndez tamén anda por aquí, cunha bolsa con agullas de calcetar e un protoxersei verde, a medio facer. É bonito ter cousasSeguir lendo “elixir calceta”

siamesidade

imaxe: Mellizas: As raíces da asimetría no universo descoñecido.Col. persoal Hoxe teño dezanove anos. Cría que non volvería telos. Trabuquei. Aquí están. Meus. Relocentes. Aínda con ese rubor impalpable dunha pel sen manchas. Non coñezo ao meu fillo. As torres xemelgas están en pe. A miña tía visítaas e cóntanolo, sobre o mantel. Debuxa NovaSeguir lendo “siamesidade”