Ter a necesidade de ser grande é unha desgraza dixo Robert Walser dentro dun libro
Arquivos de autor:estíbaliz...espinosa río
exaculación precoz
fotografía: Sophie Delaporte A precocidade: cheguei a ela demasiado axiña. Durmía aínda
still life en espazo interior
debuxo de Mizna Wada Unha gaivota acaba de caer do tellado ao patio. É marrón, pequena. Nova. Ela non o sabe, pero ten 8 pisos que remontar. Sentín a caída dende esta habitación. De seguido, os laios. Levantei. Sen correr. Asomei á fiestra da cociña. Era marrón, pequena. Nova. Estaba asustada. Imaxinei o seu corazón.Seguir lendo “still life en espazo interior”
hacia vila verde
ilustración María Pascual, Cuentos de Siempre Preparativos de viaxe. Marchar a un lugar chamado Vila Verde.
abismo mondariz
A vostedes non lles importa que eu o chame así. Acabo de inventalo. O efecto da imaxe que encabeza este post. Recibe outras moitas denominacións. «Abismo Mondariz» non, dende logo. Entre os nomes deste efecto de perspectiva: o máis coñecido é Droste effect [vía microsiervos poden acceder a lúcidos e redundantes exemplos]. Un termo alemán queSeguir lendo “abismo mondariz”
e todo isto vai dedicado a…
deseño Base Amethys de Citron Rouge …a eles Nunca faría un texto sen eles. Terían que amordazarme, logo de terme arrincado a lingua cun coitelo infectado. Terían que abrirme o cerebro polo sitio preciso das palabras onde eles viven coma larvas e, con coidado, aplicar o escalpelo. E seccionar. E mesmo así persistirían lugares dentroSeguir lendo “e todo isto vai dedicado a…”
serendipidade cibernética
Amplío con algúns links de arte+ciencia a entrada “A bacteria dixo oh” de hai algúns días: Cybernetics Serendipity, a primeira exposición que, a fins dos 60, afonda no magnetismo entre a tecnoloxía, as máquinas e o eido artístico. Adiviñen de onde tiraron o título de cybernetics. Exposición Bios 4 na Cartuja de Sevilla, ata oSeguir lendo “serendipidade cibernética”
lista de cousas ridículas
1.- Confeccionar unha lista de cousas ridículas. E lela 2.- Alguén moi corpulento paseando un chihuahua 3.- O arroz para microondas. As tortillas envasadas ao baleiro 4.- Todo o que leva escrito VIP 5.- A modalidade de marcha deportiva 6.- Bush falando con xornalistas. Bush falando co seu urólogo. Bush falando 7.- As maquinillas barbeadorasSeguir lendo “lista de cousas ridículas”
5 contos dixitais
Esta baixou da árbore Este camiñou ergueito Esta outra roubou o lume mentres non mirabamos Este cazou un cervo I este pícaro gordo comeuno, opoñéndose a todo texto atopado nunha libreta vella facendo limpeza na casa da adolescencia
pan troglodytes
«calada, calada» a chimpancé Washoe, xogando ás escondedelas Parecera coma se uns e outros tiveran evoluído, a este respecto, de forma notablemente paralela ou ben que nós e mailos chimpancés tivemos un mesmo antecesor, aló na noite dostempos.Un antecesor que, ademais, comunicábase cos seus semellantes con bicos e abrazos,tocándose, palmeándose e colléndose das mans. JaneSeguir lendo “pan troglodytes”