Pois preciso saber exactamente isto: estou sentindo o que estou sentindo, ou estou sentindo o que eu queria sentir? ou estou sentindo o que precisaria sentir? Clarice Lispector, A paixão segundo G. H. Con Clarice, barrenando no ADN dun sentimento.
Arquivo de categoría:casa de citas
casa de citas [intergalácticas] XXXII
Cando o universo entra nesa aparente etapa final – que ben podería chamarse a “era moito aburrida”- parece que xa nada de grande interese lle resta por facer. Os sucesos máis excitantes previos a esta era serían os “pops” finais dos derradeiros remanentes minúsculos de furados negros, que finalmente desaparecen [suponse] logo de ter perdidoSeguir lendo “casa de citas [intergalácticas] XXXII”
casa de citas XXXI- poem pistols
O poema que está sentado no extremo sur do sofá desenfunda e di: ¡a rascar os collóns! Ch. Bukowski, toca o piano borracho como un instrumento de percusión ata que os dedos empecen a sangrar un pouco, Eds. Positivas, 1993 Lin iso no 94 nun libro que -e decátome hoxe, J.- nunca devolvín ao seuSeguir lendo “casa de citas XXXI- poem pistols”
por atención
É innecesario dicir que toda a cultura literaria e musical depende da oportunidade de utilizar intres de vixilia [vixiancia, vela] para ler, escoitar, ensaiar e comparar. Cómpre facer notar: fronte á crítica da cultura e a teoría da decadencia ao uso, na historia de todas as civilizacións nunca se investiron tantas unidades de tempo comoSeguir lendo “por atención”
o que pasa
Kallipareos. A das fermosas fazulas. Agora lembra. A palabra homérica escintila no seu libro. E alén diso, de súpeto cae na conta de todo o seu vocabulario grego, de todo o que semella terse gardado nun armario dende hai agora case seis meses. Porque xa non está a ensinar grego. Deixouno. Iso é o queSeguir lendo “o que pasa”
casa de citas XXVIII
Considero minhas obras como cartas que escreví à posteridade sem esperar resposta Heitor Villa-Lobos
casa de citas XXVII
Son necesarios, pois, os comentarios ou tan só un sistema de autocompracencia dos lectores dun blog? Lido por aí, nun comentario de blog
casa de citas XXVI
Para facilitar a transición a este entorno completamente novo [terra firme], os animais inventaron unha enxeñosa argucia: levaron consigo o seu medio anterior para a súa descendencia. Ata os nosos días a matriz animal simula a humidade, flotabilidade e salinidade do antigo medio mariño. Máis aínda, as concentracións de sal no sangue e noutros fluídosSeguir lendo “casa de citas XXVI”
casa de citas XXV
O proceso de avellentamento no universo verbal segue un ritmo de aceleración diferente ao do mundo físico. As palabras, por de máis repetidas, extenúan e morren, en tanto que a monotonía constitúe a lei da materia: O espírito precisaría dun dicionario infinito, pero os seus medios limítanse a uns cantos vocábulos trivializados polo uso. ÉSeguir lendo “casa de citas XXV”
casa de citas XXIV
O truco consiste en comprimir a eternidade para que poida caber, enteira, no espazo temporal dunha vida individual. O dilema formulado por unha vida mortal nun universo inmortal foi finalmente resolto:agora podemos deixar de nos preocupar do eterno sen renunciar a ningunha das marabillas da eternidade. Zygmunt Bauman, Vida líquida