base de datos: obsesións

BASE DE DATOS: OBSESIÓNS Obsesióname o futuro. Cantos escritores hai lendo isto sen saber que algo lles influirei ao seu pesar con todo. Obsesióname que el se atope ben. Que as rochas do espazo se exhiban indiferentes que non todo nelas sexa significativo ese alivio cósmico obsesióname. Obsesióname escribir extraordinariamente o que sei que poderíaSeguir lendo “base de datos: obsesións”

rea

Comparezo ante o tribunal de escritoras. Benqueridísimas Safo e mais Virxinia adorada Sei Shonagon penetrante Simone non quero esquecerme de ti nin de Margaret nin de Marguerite María Xosé acode puntual á cita e toma asento, entre Luísa -quería volverte ver, perdoa- e Rosalía. Clarice fuma o seu silencio. Fleur dedícase a ser elegante comoSeguir lendo “rea”

neanderthal que estás no fósil

A Revista das Letras de Galicia Hoxe tivo a xentileza de comezar a serie Monográficos do verán cun conto meu. Acheguei este relato un pouco espuriamente relato: Discurso hibridado con. Un monólogo idealizado da convivencia entre a nosa especie e esa outra diferente -pero similar-, ardente -pero queimada-, homo – pero non sapiens-. Claro queSeguir lendo “neanderthal que estás no fósil”

suspense

Pablo Gallo. Xa falei del algunhas veces aquí. El é o autor desta micrometraxe baseada nun texto de Zoommm. Textos biónicos, o titulado suspense. O texto naceu no ano 2002 e ten unha morte prevista para o 3200, aprox. Ata entón poderá ser lido en forma de texto ou sub specie visionaris [corríxeme que meSeguir lendo “suspense”

desfragmento

Este fragmento forma parte dun relato. O relato chámase -pensaba que provisionalmente, mais xa non sei, non son dona dos meus actos- Pro Videncia. O relato obtivo un galardón, precisamente o de relatos curtos José Saramago de Santiago de Compostela. O fragmento foi pensado para ese texto concreto. Naceu del. Mais se o elixo paraSeguir lendo “desfragmento”

do outro lado da liña

Escribir un texto a partir dunha foto. Unha foto tomada en Bos Aires. Escribir un texto para un libro colectivo con autores de Bos Aires. Galegos e porteños. Unidos nese pequeno confín de algo que é un libro. Nós, inmortalizados nos seus chistes de brutos descerebrados, no Galo Porriño de Los Premios e no ManolitoSeguir lendo “do outro lado da liña”

elixir calceta

Estes días xanto con moita xente ao mesmo tempo. Estou nunha cidade con moita xente ao mesmo tempo. Xantamos delicias picantes de moitos lugares do mundo. Nós vimos doutro lugar do mundo. María Reimóndez tamén anda por aquí, cunha bolsa con agullas de calcetar e un protoxersei verde, a medio facer. É bonito ter cousasSeguir lendo “elixir calceta”

siamesidade

imaxe: Mellizas: As raíces da asimetría no universo descoñecido.Col. persoal Hoxe teño dezanove anos. Cría que non volvería telos. Trabuquei. Aquí están. Meus. Relocentes. Aínda con ese rubor impalpable dunha pel sen manchas. Non coñezo ao meu fillo. As torres xemelgas están en pe. A miña tía visítaas e cóntanolo, sobre o mantel. Debuxa NovaSeguir lendo “siamesidade”

naviz felidal

A editorial DVD pedíume que colaborase na súa páxina web cunhas antifelicitacións navideñas que irán pendurando ao longo dos vindeiros días celebraticios. Non son moi de Christmas carols malia, por levar a contra, estas festas non me disgustan: gústanme a neve, o inverno, os beléns, as luces, as estrelas de Oriente, os mazapáns e oSeguir lendo “naviz felidal”