tres animacións á tinta

A tinta estase a converter nun material precioso, unha especie de vinilo ou ámbar. Algo que, vaticinan, deixará de usarse e de súpeto cobra formas incribles, unha vez pasada polo debido filtro dixital. Tardará a tinta en desaparecer. Se é que desaparece. Hai anos pendurara aquí este spot de Amnistía Internacional que puña aos alumnosSeguir lendo “tres animacións á tinta”

un pouco de sinestesia na arte dixital

Unha melodía feita por paxaros que non cantan, corvos mudos sobre uns tendidos eléctricos… ou de cómo as analoxías visuais trocan en pezas sonoras cunha pouca imaxinación sinestésica. A sinestesia fai traballar as engrenaxes imaxinarias do mundo: tira das poleas, fainas arrecender. O autor, Jarbas Agnelli, músico de Brasil, conta que viu a foto nunSeguir lendo “un pouco de sinestesia na arte dixital”

cymru morriña blues

Axiña estará listo o informe do Gwyl Fardonniaeth Ryngwladol Gogledd Cymru [North Wales International Poetry Festival] no que 9 poetas de Suecia/Alemaña, Grecia, Bélxica, Polonia, Cataluña, Alemaña, China, Galicia e Dinamarca, así como varios do Norte de Gales, reuníronse baixo unha poalla sospeitosamente galega en Bangor, Ty Newydd, Aberystwyth e Y Wyddgrug [Mold] ao longoSeguir lendo “cymru morriña blues”

sucede que as orellas non teñen pálpebras

Temas obsesivos. Capas superpostas, cada unha coa súa melodía. Porcallada acústica, nebulosa noxenta de guitarras. Tamén en literatura nos interesa ese efecto. Alguén do grupo dixo nunha entrevista que este tema, Rano Pano, parecía unha reunión de Teleñecos cantando. O bo dos Mogwai é que alivian a densidade existencial dos seus temas con aparentes intrascendenciasSeguir lendo “sucede que as orellas non teñen pálpebras”

pensar co sangue

Para un vindeiro libro colectivo de poemas fun convidada a pensar co sangue. Unha das partes posibles desa analítica final podería ser esta: / 5 harakiris vasculares / nubes que corren Sentir unha punzada no ovario esquerdo enigma ao aire: tres pingas rubias na neve sen rastros nadando os nosos capilares irmandan con rastas deSeguir lendo “pensar co sangue”