Neve sobre cacharelas de San Xoán. Muérdago contra a sida na lapela. Disfraz de camelo real. Baltasar nadando a braza na praia das Catedrais, 30º. Papa Noel de penitente en via crucis, con látego de sete colas. Astenia primaveral en Belén. Olentzero e mailo ApalpadorSeguir lendo “descomposición das festas en factores primos”
Arquivo de categoría:macedonia
presentimos Almanaque
Hoxe. Case no ano que vén. 30 de decembro. Día típico de inventario. En Santiago. De Compostela. Ás 20:00 h. Na Libraría Pedreira. { 42.885713º de lonxitude norte -8.534317º de latitude oeste} … Maite, Branca e mais eu presentamos o Almanaque Poético . 12 poetas para un año editado por El Gaviero. E, naturalmente, podesSeguir lendo “presentimos Almanaque”
fío sen fin
Asentar unha entrada de blog no alicerce temático de Casablanca -isto non é un blog de cine, eu non son crítica de cine, Casablanca non é a miña peli favorita, nin sequera a mencionaría entre as 20 primeiras- é como intentar ser orixinal nun exame de 1º de filoloxía respondendo á pregunta: Relación entre DonSeguir lendo “fío sen fin”
hemoglobina
Onte vestíuse de vermello hemofilia. Pois que nada se coagule. Non quererá deixar de sangrar. Pode que nunca. É isto unha ameaza? É
por fin, mozas de calendario
Un Almanaque -alma na que- chegou procedente de Este Sur. Contén multitudes e textos para cada ciclo lunar, renglóns por se anotares versos roubados a fin de mes -cando os supermercados van baleiros e os días búscanse a fin os uns aos outros-, debuxos, un calendario de peto. O almanaque é azul, azul como oSeguir lendo “por fin, mozas de calendario”
dende G. para o M.
Grazas a que recibimos ao Presidente da Xunta de Accionistas da Multinacional máis arcaica da Terra, o resto do planeta xa saberá situarnos sobre o mapa e cravará unha tacholiña [verdadeira ou virtual] sobre a nosa fronte e as nosas costas, elixidas xa como posible lugar de futuros e profundos veraneos. Ou iso pareceume entender,Seguir lendo “dende G. para o M.”
quedar de carne
Non lonxe de ti, quédome de pedra co de Santiago Sierra. Pero logo palpebrexo, clic, e de pedra paso a quedarme de platino, de titanio, de uranio, e logo de diamante, e de aí volta ao carbono e, cómo non, ao grafito. Quédome de grafito e de grafeno coa punta dos dedos suspendida na tonaSeguir lendo “quedar de carne”
bilbaos
Que conmovedor é camiñar. Que profundo é cruzarse con descoñecidos. Di Andrés no seu recente blog de entradas breves: Microrréplicas. É certo, Andrés, bárbaro equilibrista, viaxeiro do hipertempo e o hiperespazo. Na Rede acontece a cada segundo: conmovémonos camiñando, alias navegando; golpéanos o vento das simas cósmicas, lovecraftiás, a cada intre que nos cruzamos conSeguir lendo “bilbaos”
descargas literarias
1 O núcleo duro da literatura, da boa, non é unha grande historia. Custoume darme conta e deime conta como de mala gana. Non é unha trama. Non é a acción. Nin sequera o desenlace. Había algo apertado que xa non está: a clásica clasificación dunha tensión [principio-nó-desenlace]. Pero non xermola aí a literatura extraordinaria.Seguir lendo “descargas literarias”
Alfred N. inventa a dinamita
Odio dicir isto, pero non o odiarei tanto cando, malia todo, o digo: a concesión do N. a M. V. LL. supón un golpe de efecto contra o chavismo. Pero é demasiado tópico intentar desprestixiar os N. relacionándoos cunha marea política de tal ou cal signo. Os N. premian extraordinarios escritores, gusten ouSeguir lendo “Alfred N. inventa a dinamita”