Dende certo punto de vista, non desprovisto de cinismo-sarcasmo, a día de hoxe vivir desinformado e desactualizado supón un considerable esforzo intelectual. Non digamos xa ser un completo inculto.
Arquivo de categoría:macedonia
amasónika
Adoro aos artistas xeniais e subestimados. Se houbera que facer un panteón con todos, entre eles figuraría o Héitor Villa-Lobos. Xulgo imperdonable que non se coñeza máis a este compositor, fóra dos círculos dantescos musicais, fóra dos conservatorios e conservas musicais variadas. Quizais non sexa a mellor versión que circula por internet da súa AlmaSeguir lendo “amasónika”
concomitancias
[texto por completo alleo a este fotograma] Nun bar de escritores. _E a que me dixeches que te dedicabas? _Non cho dixen. Son recheador. _… _ De novelas. Son recheador de novelas. Rechéoas. _ Non entendo moi ben en que consiste. _ A novelista desespérase porque, para que o seu ego funcione correctamente, haSeguir lendo “concomitancias”
… e …
Moitas veces preguntáronme que significan en min os puntos supensivos. Aparecen por vez primeira nun verso do nanociclo -acabo de inventar iso- Os poemas da bela dormente, recollido en -orama [Se dixese de min un signo, diría puntos supensivos]. Ese verso apuntaba aos ollos do que estaba sen rematar, o incompleto da muller senSeguir lendo “… e …”
près de moi
Para carbonizarnos como é debido, le soleil est près de moi. Et de toi.
je la retrouve
Logo dunha boa tempada macerados en A.mour, I.magination et R.êve, acabouse a éxtase e houbemos saír á superficie superficial. Na superficie superficial o que había era unha Folga Xeral [non rêve, senón grève] porque o país había tempo que andaba cara atrás, coma os cangrexos-samurai do Mer du Japon no que perdimos a razón, aquíSeguir lendo “je la retrouve”
cerebelos na Costa da Morte
S. estame explicando cómo se leva a cabo o tradicional Berro Seco nas festas de San Fins e de súpeto a conversa bifurca cara ao misterioso mal chamado ataxia da Costa da Morte. Non sei de qué vai iso. Unha enfermidade endémica da miña zona, un tipo de ataxia pero de de aquí.Seguir lendo “cerebelos na Costa da Morte”
j’en perds la raison
Un petisco de coolness, taberneiro! De Air disque son insubstanciais, intrascendentes como o aire mesmo. A min resúltanme útiles dende máisoumenos o 2003 para violar a lei de gravidade de cando en vez. Adóroos, claro, qué pregunta. Αναξιμένης de Mileto, razón levabas. Temas dilectos: Venus, Sexy boy, Alone in Kioto, Playground Love, Biological, Cherry blossomSeguir lendo “j’en perds la raison”
your abstention, please
Abstéñanse de vir aquí os que non saiban ler, por favor.
orionés
No centro da nebulosa da constelación de Orión hai unha mancha de tinta. Onte vina, claramente, dende o meu telescopio. Pensei por un momento que a súa lente estaba sucia, así que o desmontei con coidado e limpeino. Volvín achegar o meu ollo, o ollo ao telescopio. Encadrei Orión. Aquilo seguía alí e, seguindo aSeguir lendo “orionés”